Campaña ‘Mes de Rosalía, mes de rebeldía’. Acto hoxe en Padrón.

Publicado por Redacción en

O Bloque Nacionalista Galego de Santiago realizou un reparto informativo polos comercios, con colantes e marcapáxinas de libros, para publicitar as actividades da campaña Mes de Rosalía, mes de rebeldía. “Rosalía de Castro, esa escritora feminista, comprometida, defensora da nosa lingua e da nosa cultura, é unha muller á que sempre hai que ler e reler porque ten un pensamento absolutamente vivo e actual”, sinalou Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG. E realizou un chamamento a acudir hoxe, ás 19.00 horas, a Padrón, na Casa dos Capeláns, onde haberá unha palestra a cargo de Francisco Rodríguez, un dos maiores especialistas sobre a obra rosaliana.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.