Roque Araujo encabezará por cuarta vez consecutiva a lista do PSdeG-PSOE en Pontecesures, ao seren elixido, por unanimidade, na Agrupación Local.

Publicado por Redacción en

Encabezará un proxecto progresista “que quere aglutinar o descontento, que o seu entender, provocou a xestión popular do concello de Pontecesures”. Entende que hai outra forma de gobernar, máis próxima á xente, con humildade e sin soberbia.”.

“Nesta última lexislatura, o grupo municipal socialista liderou a oposición, sendo crítico co goberno municipal, pero tamén facendo unha labor construtiva e buscando o diálogo, cousa que sempre foi rexeitada pola actitude prepotente do Sr. Seage”.

“Creo que o momento do cambio xa chegou. O momento de acabar co letargo no que está sumido Pontecesures e recuperar a súa vitalidade. Para eso precisamos o apoio dos veciños e das veciñas, escoitar as súas aportacións, as súas queixas, as súas suxestións para elaborar un novo proxecto de futuro que ilusione e recuperar o pulo económico, social e cultural perdido nos últimos anos”.

Socialistas de Pontecesures.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.