A lagoa Mina Mercedes de Valga convértese nunha zona libre para a práctica de pesca sen morte.

Publicado por Redacción en

En Mina Mercedes pode facerse pesca sen morte

A lagoa Mina Mercedes é dende o pasado xoves unha zona libre para a pesca sen morte durante todo o ano, tal e como recolle a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, publicada no Diario Oficial de Galicia. O acordo supón a supresión do anterior couto sen morte Lagoa Mina Mercedes V, que estaba vixente dende hai máis dunha década (febreiro de 2012), e a conversión nun tramo libre para as capturas sen morte durante todo o ano. A zona libre para a pesca abarca toda a extensión da lagoa, coa excepción dun tramo de 357 metros  entre os extremos nordés e sur que, por razóns de seguridade, queda vedado. Os períodos e xornadas hábiles para a práctica da pesca serán os recollidos na orde anual de pesca continental, autorizándose unha soa cana por pescador e podendo empregarse coma cebos unicamente a mosca artificial, nas súas distintas modalidades, e a culleriña, en ambos casos cun só anzol e sen arponciño. Prohíbense os cebos naturais.

Diario de Arousa

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.