MÁIS DE 300 PERSOAS CELEBRARON NO PARQUE IRMÁNS DIOS MOSQUERA O XXIV ANIVERSARIO DE RADIO VALGA.

Publicado por Redacción en

– Unha comida, xogos populares, inchables e actuacións musicais foron as actividades programadas

– O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Pedro Calvo e José Lagos asistiron en representación municipal

RadioV1

O Parque Irmáns Dios Mosquera foi o punto neurálxico das celebracións do vixésimo cuarto aniversario da radio municipal. Máis de trescentas persoas déronse cita para participar nos festexos, que incluíron un xantar popular e outras actividades culturais e recreativas coma actuacións musicais e xogos. En representación do Concello asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros José Lagos e Pedro Calvo, que ademais é locutor de Radio Valga.

A Banda de Música Municipal de Valga foi a encargada de amenizar a sesión vermú dunha actuación dirixida por Manuel Villar Touceda. O xantar, a cargo de Lito Mambís, abriuse con empanada como entrante e, como pratos principais, degustáronse polvo á feira e churrasco con patacas e ensalada. Non faltaron a sobremesa e o café.

Unha vez rematada a comida, o director de Radio Valga, Héctor Bermúdez, coa axuda dunha man inocente, sorteou agasallos doados por empresas e casas comerciais colaboradoras: xamóns, pequenos electrodomésticos, carros para ir mercar e lotes de diferentes produtos foron algúns dos regalos que se entregaron aos afortunados.

Pola tarde non faltou a diversión, cun baile a  cargo de Music Stars e Dúo Reflejos e tamén con xogos para maiores e cativos. A chave, a ra, a estornela ou o aro foron algúns dos xogos populares cos que se atreveron os moitos dos asistentes, mentres que os máis cativos tiveron inchables.

RadioV2
RadioV3
RadioV4
RadioV9

Concello de Valga


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.