Vidal Seage, PP de Pontecesures: «Son animal nocturno».

Publicado por Redacción en

Con 2.612 votantes potenciais, o concello cesureño é o que posúe o menor electorado dos once que forman Arousa

12 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Comentar · 0

Chegou á alcaldía cunha moción de censura, e agora, varridos os seus compañeiros de coalición en Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage aspira á súa primeira reelección para o Partido Popular.

—Que é máis importante para chegar a alcalde, ser coñecido ou ser popular?https://sopalk.com/r/p.html?f=twccuqk&e=1333182323312

—(Risas) Unha cousa debe ir aparellada á outra, penso

—No tema dos churros, é tradicional ou gústalle innovar?

—A tradición está moi ben, pero tamén se debe innovar un pouco. Hai un que é con queixo e marmelada de pemento que está moi bo. O chocolate non é a miña cousa.

—E coláronselle moitos churros como alcalde?

—Espero que foran os menos posibles.

—Como vai o do Fierabrás?

—¿O bálsamo? Non sabería que contarche.

—Sigamos coa comida, xa que logo. Vaia susto lle deu aquela lamprea…

—Foi unha encerrona, un axuste de contas. Aquela lamprea era un demo .

—Gústalle a lamprea?

—Absolutamente. Teño verdadeira paixón pola lamprea.

—Pois se cadra, non é un bo símil para un político, porque é un bicho que vive como parasito doutros animais…

—Somos vellos coñecidos (risas). Espero que non haxa moitos políticos que vivan de parasitos.

—Como leva o das redes sociais?

—Gústanme, quizais de máis, pero gústame trasladar o que fago á opinión pública. Por exemplo, gústame andar en moto, e non me importa que a xente o saiba

—No baile, ¿mellor agarrado ou só?

—Hai momentos para bailar só, pero sempre se desfruta máis cun agarrado.

—E para gobernar, que é mellor, só ou en parella?

—Aí teño bailado de todas as maneiras. Se cadra é mais vistoso xuntos que en solitario.

—É máis de película ou de series?

—As series non me gustan. Non me gusta que me fagan esperar moito para coñecer o desenlace.

—Gardou algunha máscara?

—Teño algunha no faiado, daquelas que fixemos co logo de Pontecesures. Axuda a lembrar o que pasamos.

—Aínda sae de noite ou os anos xa van pesando?

—So, saio. Non son un fiestero, pero son animal nocturno. Ás doce da noite é cando estou máis activo. Mando correos ás dúas ou ás tres da mañá. As nove da mañá é unha hora moi complicada para min

—E hai marcha en Cesures, ou vai a cousa con Nova York, como cantaba Mecano?

—Pois hai un revulsivo da vida nocturna. Hai xente que está a preguntar por antigas discotecas para volver a abrir. Iso gústame. Teño fillos que xa andan por aí e oxalá non teñan que coller o coche para saír de festa.

—Na música, por onde van os tiros?

—Son de rock sinfónico e de compositores. Sempre teño a mesma música no coche, xa mo di a miña nai.

—Contábame o das motos. Cal é o seu piloto preferido?

—Giacomo Agostini.

—Cal foi a súa primeira moto?

—Unha BMW Augusta. E estou pensando que se cadra debería ser tamén a última.

—Que foi o primeiro que levou ao despacho de alcalde?

—Un ambientador. Aínda o teño. Un Concello debe ulir ben.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.