O Concello de Pontecesures anuncia a obra de renovación do parque de Carreiras incluída no Plan Concellos da Deputación.

Publicado por Redacción en

O Concello de Pontecesures vai acometer unha completa renovación do parque infantil de Carreiras para mellorar a seguridade e funcionalidade destas instalacións, nas que investirá 72.027 euros ao abeiro do Plan Concellos da Deputación Pontevedra Unha vez remitido o proxecto definitivo ao organismo provincial, o Concello vén de colocar o cartel anunciador das obras, que se agarda que comecen en breve.

Os traballos consisten no cambio do pavimento, dos xogos e mobiliario urbano do parque de Carreiras. En primeiro lugar, habilitarase unha área de 135 m2 de chan continuo de caucho anticaídas sobre a que se instalarán os novos xogos: un conxunto de escada con plataformas de madeira, dous balancíns e unha pasarela colgada. A zona estará rodeada por céspede natural.

A segunda zona será para estancia das familias: en torno ás árbores do parque colocaranse bancos, cadeiras, unha mesa de granito, papeleiras e un novo alumeado. Finalmente, executarase un novo sistema de evacuación de augas pluviais mediante a instalacións de tres sumidoiros que recollerán a auga superficial, así como unha liña de drenaxe soterrada na zona axardinada para evitar a creación de pozas.

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.