Os socialistas de Pontecesures responden con críticas ao alcalde polo anuncio sobre o monte municipal Salgueiras/Lagoa.

Publicado por Redacción en

Salgueiras, monte catalogado de utilidade pública e de titularidade municipal, conta cun proxecto de ordenación (obrigatorio!), desde hai máis dunha década. Este proxecto fixa as actuacións sostibles no tempo e no espazo dos recursos forestais, madeirables ou non, que agora se están a executar, así como o seu uso social. Nas imaxes que se amosan, estase a actuar sobre as faixas secundarias de xestión de biomasa, tal e como se establece no Plan de Prevención de Incendios Forestais, PROMOVIDO POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA NO ANO 2019 e aprobado inicialmente en xaneiro de 2020. Por tanto, pouca ou nula xestión do equipo de goberno popular que durante sete anos esqueceuse da xestión dos recursos naturais e agora quere facer súa a xestión do monte. Déixense de poñerse medalliñas, xa que foi a súa incapacidade a que non contratou unha brigada de extinción de incendios, que tamén facía traballos de vixiancia e prevención, e a súa soberbia a que desfixo a agrupación de voluntari@s de Protección Civil de Pontecesures que colaboraba na extinción de incendios. Estes traballos NON OS EXECUTA O CONCELLO, senón os servizos correspondentes da Xunta de Galicia dando cumprimento ao Proxecto de Ordenación.O MONTE NON HAI QUE CONVERTELO NUN PULMÓN VERDE, POR QUE XA O É.

Socialistas de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.