As promesas do Club Náutico

André Oliveira canoista xuvenil que forma parte do equipo nacional, que gracias os seus resultados foi convocado par disputar o Campionato de Europa Senior de Augas Tranquilas na modalidade de C4, formando parte da embarcación xunto a José Luis Bouza do Kayak Tudense, Rafael Menendez dos Gorilas de Candas, e Miguel Rodriguez do Piragüismo Rianxo. Este campionato vaise a celebrar no embalse de Verducido sito en Pontevedra os días 28,29,30 de xuño e 1 de xullo. Asemesmo formara parella na modalidade de C2 con Luis Figueira do Piragüismo Rianxo para disputar o Campionato de Europa e do Mundo na categoría xuvenil.

André Oliveira
André Oliveira

André Oliveira; Adrián Vicente de Porto, doble medallista na categoría cadete no Campionato de España Master e 2º clasificado no Campionato; e Alvaro Loureiro tamen cadete, medalla de prata na distancia dos 1000m. en dito Campionato e 3º clasificado no Campionato.

Adré Oliveira, Adrián Vicente e Alvaro Loureiro

CAMPIONATO DE ESPA?A MASTER C1/K1

Esta fin de semá o Nautico Pontecesures acode o embalse de Santa Cruz de Trasona, en Áviles para disputar o Campionato de España Master nas distancias de 1.000 e 500 metros en embarcación individual. A esta regata acudiran as mellores bazas do clube que nesta ocasion serán:

-Alvaro Loureiro: C1 Cadete
-Adrián Vicente: C1 Cadete
-Javier Bernal: C1 Cadete
-André Oliveira: C1 Xuvenil

Esperemos que algún deles poida acadar algún dos metais en xogo, dende aqui desexamoslle toda a sorte do mundo.

COMEZA A TEMPADA 2007 PARA O NÁUTICO

Club Náutico PontecesuresEste vindeiro sábado comeza a tempada oficial a nivel galego para todos os clubes da autonomía nas categorías cadete, xuvenil e senior ca disputa do Control Galego de Inverno na distancia de 5.000 metros. Esta será a primeira das tres probas do calendario de inverno, dando paso o Campionato Galego e finalmente o Campionato de España.

As grandes bazas do Náutico para estas primeiras probas do calendario son os tres canoístas que se atopan concentrados en Pontevedra, Adrián Vicente e Álvaro Loureiro ca selección galega cadete e André Oliveira na selección española xuvenil; sen olvidar o resto dos rapaces que se atopan adestrando día a día no Ulla.

Este ano será un ano dificil, encontramonos cun cambio de instalación, sen apenas duchas e auga quente, na que as condicións non son as mellores, pero o esforzo pagará a pena para nun futuro poder disfrutar dunhas instalacions acordes a este duro e sacrificante deporte. Pese a todo isto o obxectivo será intentar superar os resultados da tempada 2006.

Sen máis, un sáudo, Javier Bouzas

Adrián Vicente e Álvaro Loureiro para a Selección Galega. André Oliveira para a Selección Española

Os resultados acadados polos deportistas do Náutico Pontecesures non pasan desapercibidos os ollos dos directores técnicos da federación galega asi como da federación española.

Adrián Vicente canoísta cadete repite concentración na selección galega no CGTD de Pontevedra, donde o ano pasado colleitou un resultados aceptables, esta tempada vindeira deberá demostrar todo o seu potencial.

Alvaro Loureiro canoísta infantil proclamouse campion de España esta tempada, e vai por primeira vez concentrado ca selección galega no CGTD donde compartirá adestramentos con Adrián.

André Oliveira canoísta xuvenil, gracias os magnificos resultados acadados está concentrado na selección española xuvenil donde terá novos e interesantes retos a nivel deportivo. Está concentrado no CGTD en Pontevedra.

Esta tempada completouse un papel sobresainte para as aspiracions do Náutico conseguindo o posto 20º na clasificación xeral da Liga Nacional de Piragüismo «Hernado Calleja», así como o 10º posto na Copa Xunta de Galicia (liga galega).

Dende aquí quero aproveitar a ocasión para felicitar a todos os palistas do club polo gran papel que fixeron. Asemesmo agradecer as persoas que colaboran dia a dia e fixeron a miña estancia no club mais agradable, Paco, Pepe, Pacho, Hermo, Mon, Luis, espero que non me quedase ninguen atrás, e a mención especial para o artifice de todo este proxecto «presi» Angel Barreiro.

Un saudo, Javier Bouzas

ALVARO LOUREIRO CAMPI?N GALEGO

Este domingo ca disputa do Campionato Galego infantil deuse por rematada a longa tempada 2006 de piragüismo tanto a nivel autonomico como nacional.

A competición celebrouse no porto de Vilagarcía e estivo marcada polo forte vento que soprou que fixo deslucir bastante o Campionato. Acudiron un total de 14 palistas do Náutico sendo estes os resultados acadados:

-Samuel Vazquez: K1 Infantil B: 11º posto
-Ismael Llerena: K1 Infantil B: 20º posto
-Jesus Jamardo: K1 Infantil B: 36º posto
-Pablo Riveiro: K1 Infantil B: 37º posto
-Xeila Touris: K1 Infantil B: 37º posto
-Nuria Rio: K1 Infantil B: 38º posto
-Lacy Lilibeth: K1 Infantil A: 13º posto
-Eva Limeres: K1 Infantil A: 22º posto
-Beatriz Chenlo: K1 Infantil A: 37º posto
Alvaro Loureiro: C1 Infantil A: 1º postp
-Ivan Pesado: C1 Infantil A: 5º posto
-Javier Bernal: C1 Infantil A: 10º posto
-Alex Gonzalez: K1 Infantil A: abandono
-Diego Castro: K1 Infantil A: abandono
Clasificación por clubs: 5º POSTO

As fortes condicions metereoloxicas provocaron que moitos participantes volcasen a auga e que se te tivesen que retirar. En canto o evaluacion xeral cabe resaltar o titulo acadado por Alvaro, donde esta tempada estivo sobresainte, e destacar o meritorio 5º posto acadado por clubes, algo a priori inesperado, sendo o mellor resultado da historia do Náutico.

Dende aquí quero dar a noraboa e felicitar a todos os rapaces e rapazas que estiveron día a día adestrando, que acudiron as competicións, porque eles son os verdadeiros protagonistas, e gracias a eles pouco a pouco o Náutico irase facendo un club mais grande.

ANIMO E A SEGUIR PRACTICANDO PIRAG?ISMO

Un saudo, Javier Bouzas

Travesía Ría de Foz

O pasado martes 25 de Xullo, día do Apóstolo, levouse a cabo travesía da ría de Foz cun percorrido total de 14 km para as categorías cadete, xuvenil e senior. O club Náutico acudiu con 8 palistas. Estes foron os resultados acadados:

* Jose Tarrio/Vicente Acuña: K2 senior: 10º posto
* Marcos Barreiro: C1 senior: 4º posto
* Marcos Pesado/Carlos Castro: C2 xuvenil: 3º posto
* André Oliveira/Cristian Barreiro: C2 cadete: 2º posto
* Adrián Vicente: C1 cadete: 4º posto
* Clasificación por clubs: 9º posto

A próxima competición para estas categorías será este vindeiro sábado ca disputa do Campionato Galego de Pista para a categoría senior.