CURSO DE MATRICERÍA CON COMPROMISO DE CONTRATACI?N.

FORMACI?N PARA O EMPREGO

ACCI?NS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACION INMEDIATO

Este curso está financiado pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

  • Centro ofertante: FORMA-TEC MULTISECTORIAL S.L.N.E.
  • Inicio: Inmediato
  • Nº de Plazas: Plazas limitadas
  • Denominación del curso: MATRICERIA
  • Perfil de los alumnos: Desempregados inscritos no Servicio Galego de Emprego
  • Requisitos mínimos de acceso: ESO OU GRADUADO ESCOLAR
  • Data da proba de selección 12/09/2017
  • Lugar de realización:
    • Nas instalacions do centro de formación
    • Localidade: PADR?N / VALGA
    • Teléfono: 673 689 660 / 986 097 123
    • Chamar luns e martes (11 e 12 de setembro).

ESCOLA DE M?SICA MODERNA EN PONTECESURES.

O Concello de Pontecesures presenta a nova ESCOLA DE M?SICA MODERNA que dará comezo o vindeiro 1 de outubro de 2017.

Esta escola ofrece formación músical completa, clases individuais. Para tódalas idades. Profesores titulados nos distintos instrumentos (piano, acordeón, canto, guitarra española, guitarra eléctrica, batería, solfeo.

Así mesmo, para os maís pequenos/as M?SICA EN MOVEMENTO (nenos/as de  3 a 6 anos).

As ensinanzas desta escola son oficiais con programación de conservatorio.

Ofrécese a posibilidade de probar un mes sen compromiso.

TARIFAS:

ESCOLA DE M?SICA: 30 minutos de instrumento individual + 1 hora de solfeo en grupo:

  • Matrícula gratuíta.
  • 45 ?/mes empadroados/as no Concello de Pontecesures / 80 ? dous irmáns.
  • 50 ?/mes non empadroados/as / 90 ? dous irmáns.

M?SICA EN MOVEMENTO: 3 a 6 anos:

  • Matrícula gratuíta.
  • 20 ?/mes empadroados no Concello de Pontecesures.
  • 25 ?/mes non empadroados.

 

+ INFO. no teléfono 645 935 720

Reordenación dos accesos ó colexio CPI DE PONTECESURES

No día de hoxe comezaron as ??Obras de mellora da seguridade viaria en diversos viais municipais?. O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación integral de mellora da seguridade viaria en un número importante de camiños e rúas municipais (Regadío, Ensanche, Barosa, San Lois, Rial, Carreiras, Carlos Maside e Calera),  así como a reordenación do tráfico no entorno do colexio (Rúa Borobó e Rúa Avelino Pousa Antelo), coa finalidade de mellorar tanto a seguridade como a fluidez do tráfico en horario de entrada e saída do colexio.

Estas obras foron adxudicadas á empresa N.O.S.A. cun presuposto de 48.805,03? financiado polo Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

A actuación integral trátase dunha actuación sinxela, na que únicamente se prevé executar uns redutores de velocidade realizados con aglomerado asfáltico (previo fresado parcial da zona de actuación), coñecidos como lombos de asno, de 1,80 metros de largo, sinalizados con pintura viaria e sinalización vertical ao inicio das rúas ou camiños.

A reordenación na zona do colexio que se realizará nunhas rúas urbanas (Rúa Borobó e Rúa Avelino Pousa Antelo) que actualmente contan con dobre sentido e pouco aparcamento, consistirá en  reordenar o tráfico deixando o tramo no que se actúa (desde a biblioteca ata a rúa Ullán) dun único sentido, aumentando as prazas de aparcamento que darán servizo tanto ao colexio como ao centro de saúde, a biblioteca e o club xuvenil, reservando zonas para parcamente de persoas con mobilidade reducida, ambulancias e buses, todo isto mediante sinalización horizontal e vertical, e mediante a instalación de bolardos flexibles para protexer a circulación de peóns nas zonas de plataforma única. Tamén se reformará un paso de peóns existente fronte ao colexio, para elevalo e facelo accesible, ao tempo que funcione como redutor de velocidade, e se substituirá un tramo de 43 x 2,60 metros de pavimento en mal estado na zona de aparcamento diante da escola infantil.

Ante a realización destas obras e as conseguintes dificultades iniciais dos conductores para a adaptación ós novos sentidos das rúas, o equipo de goberno solicita a máxima comprensión polas molestias xeradas.

PLANO DESTA REORDENACI?N EN ARQUIVO PDF

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA EN CARREIRAS E NO COUTO PARA O XOVES 7 DE SETEMBRO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Mañán XOVES 7 DE SETEMBRO procederáse a un corte no subministro de auga potable, debido a obras de mellora na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:

  • CARREIRAS (So a área do lavadoiro).
  • O COUTO.

O tempo aproximado do corte no suministro de auga será dende as 9.00 ás 12.30 horas. Recomendase aos veciños destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

ACTO DE DESPEDIDA DO ALCALDE DE PONTECESURES ÁS D?AS NENAS SAHARAUIS QUE ESTIVERON ESTE VERÁN EN PONTECESURES AO ABEIRO DO PROGRAMA ??VACACI?NS EN PAZ?.

No día de onte o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, recibíu na Casa do Concello ás dúas nenas saharauis que logo de pasar este verán acollidas con dúas familias de Pontecesures dentro do programa ??vacacións en paz?, teñen que partir novamente ao seu lugar de procedencia.

Nun acto moi distendido, o alcalde recibíu a Jadiya Mahfud Alal e a Fatimetu Said Isawi no salón de plenos da Casa do Concello e no propio despacho da alcaldía. Entre sorrisos o alcalde entregoulles sendos agasallos para que recorden a súa estancia en Pontecesures.

Recordase que o programa ??vacacións en paz?, promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) permite que nenas/as sasharauis teñan a posibilidade de fuxir das altas temperaturas do deserto, someterse a revisións médicas e contar cunha boa alimentación durante dous meses no verán.