EXCURSI?N A SALAMANCA ORGANIZADA POLO CONCELLO DE PONTECESURES (27 e 28 de maio): NOTA INFORMATIVA DO 24 DE ABRIL DE 2017.

NOTA INFORMATIVA DO 24/ABRIL/2017

Xa hai anotadas 32 persoas, o que garantiza que esta viaxe se vai a levar a cabo. Quedan vacantes 22 prazas (ata 54 en total).

Os interesados/as en ocupar as prazas vacantes deberán anotarse nas oficinas municipais ata o 12 de maio. Para cumplimentar a inscrición deberán aboar tamén antes desa mesma data o custo da viaxe (125 ?) no seguinte número de conta:

ABANCA   2080  0304  67 3040024926

Ao realizar o pago deberá indicarse:

Concepto: EXCURSI?N A SALAMANCA

NOME e DNI.

EXCURSI?N A SALAMANCA

ORGANIZADA POLO CONCELLO DE PONTECESURES

(27 E 28 DE MAIO)

O Concello de Pontecesures, coa colaboración da Asociación Pitufolandia, organiza para os días 27 e 28 de maio (sábado e domingo) unha excursión a Salamanca:

27 de maio (sábado):

  • Saída dende Pontecesures ás 7.00 horas dende A Plazuela.
  • Visita ao Lago de Sanabria (Puebla de Sanabria).
  • Xantar en Zamora e visita á cidade pola tarde.
  • Traslado a Salamanca.
  • Cea e aloxamento no Hotel Monterrey (4 estrelas).

28 de maio (domingo):

  • Almorzo e visita á cidade de Salamanca.
  • Xantar no hotel.
  • Viaxe de volta pola tarde.

PREZO POR PERSOA:   125 ?

PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE 2017

A Deputación de Pontevedra  convoca os « I Premios Provinciais á Xuventude«, dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados con 21.000 ?, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra. O prazo de presentación dos traballos e estará aberto durante dous meses, ata o 4 de xuño.

No seguinte enlace pódense descargar as bases completas e formularios de solicitude:

I PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2017.

Infórmase á veciñanza que a Consellería de Política Social, abriu o prazo de presentación de solicitudes de praza nos Campamentos de Verán Específicos dirixido a persoas de 11 a 40 anos de idade cunha discapacidade unha porcentaxe igualou superior ao 33%.

Prazo e lugares de presentación de solicitudes ata o día 2 de maio nos servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, nos servizos sociais dos centros sanitarios ou nos servizos sociais comunitarios dos concellos. Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e os martes e venres de 9 a 13:30 horas.

BANDO campamentos discapacidade 2017

BASES campamentos discapacidade 2017

SOLICITUDE campamentos discapacidade 2017.

INFORME M?DICO campamentos discapacidade 2017.