MANIFESTO DO CONCELLO DE PONTECESURES CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

cartel-25nov-pontecesures-1

25 de Novembro

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA  MACHISTA

 

O concello de Pontecesures súmase, un ano máis, xunto aos estados, rexións e entidades locais de todo o mundo, a Conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero; co fin de manifestar o máis enerxético rexeitamento ante calquera tipo de violencia machista, e, así mesmo, renovar o seu compromiso de colaborar e impulsar accións cuxo fin sexa a erradicación da gran lacra social que supón a violencia exercida contra as mulleres, nenas e nenos.

Este tipo de violencia é unha das vulneracións máis graves dos Dereitos Humanos. Nunha sociedade legalmente igualitaria, cun marco xurídico que nos sitúa na vangarda dos países da contorna, as cifras de morte e agresións contra as mulleres, nenas e nenos, seguen sendo abafadoras e, ano tras ano, indican que hoxe, máis que nunca, é preciso incrementar os esforzos e erradicar aquelas actitudes e comportamentos cotiás que perpetúan a desigualdade e que fundamentan a orixe da violencia machista.

A superación deste tipo de manifestacións é moi complexa; pero somos conscientes que se inicia atallando as desigualdades históricas entre homes e mulleres, abordándoas dende un compromiso real, coa implementación de medidas integrais e eficaces que se traducen en políticas preventivas e de intervención dende idades temperás.

Un exemplo deste traballo é a implicación do alumnado do CPI de Pontecesures na campaña «Vacínate contra a violencia machista. ? contaxioso». Onde a través das súas mans, en este punto lila que estades a ver, representaron o seu desexo de participar na construción dunha  sociedade libre e igualitaria.

Mans grandes, pequenas, abertas e pechadas; mans de moitas cores que, recoñecendo a diversidade, se suman hoxe a moitas outras, co fin de unirse para manifestar unha actitude NON pasiva e de condea social ante calquera tipo de violencias de xénero.

Ademais, a  experiencia confirma que canto máis preto estean a administración e a cidadanía, máis eficaces son as medidas de sensibilización, de educación, e/ou de detección precoz, e máis eficaz a resposta de urxencia e o seguimento dos servizos. En suma, mellores resultados se obteñen na loita contra a violencia de xénero.

Conscientes disto, dende as diferentes administracións locais, fóronse implementando normas e plans con medidas específicas que favorecen a igualdade de oportunidades, introducindo, na maioría de casos, a igualdade de xénero como paradigma de progreso.

Sen embargo, a pesar do avance, é preciso seguir traballando. Por iso, o Concello de Pontecesures, comprométese:

  • A incluír a Violencia de Xénero na axenda política como un tema prioritario.
  • A reforzar os esforzos para a implementación de políticas integrais contra a violencia de xénero, deseñadas dende a defensa dos dereitos das mulleres e dirixidos a promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • A desenvolver campañas preventivas, especialmente dirixidas á poboación infantil e xuvenil, en colaboración cos axentes educativos.
  • A promover acordos, dende todos os grupos políticos, co fin de articular mecanismos de protección eficaces, así como medidas e medios precisos para loitar contra este tipo de violencia.

O CONCELLO DE PONTECESURES ABRE O PRAZO PARA A COLABORACI?N / PARTICIPACI?N NA CABALGATA DE REIS.

reyes-magos-de-oriente11

O Concello de Pontecesures invita a participación de todos, nenos e maiores, na Cabalgata de Reis. Os interesados en participar poden incribirse nas oficinas do Concello ata día 2 de xaneiro.  A Cabagata de Reis será o xoves 5 de xaneiro, sendo o lugar de reunión dos participantes nave de obras do concello ás 16.30 horas (saída da cabalgata ás 17.30 horas).

A distribución e reparto da roupa para o desfile será nos días 2 e 3 de xaneiro pola mañán na nave de obras do concello.

Así mesmo, tamén aquelas persoas e/ou asociacións que queiran colaborar na organización desta actividade (elaboración de carrozas, etc?)  poden pasar polo concello para tratar este asunto coa concellería correspondente.

OBRADOIRO INTERXENERACIONAL DE COCI?A «COAS MANS NOS PUCHEIROS».

cartel-tecendo-lazos-1

??Coas mans nos pucheiros?      

Informase ás veciñas e veciños que o Concello de Pontecesures se adheriu ao Programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do que se vai desenvolver no mes de decembro o obradoiro interxeneracional de cociña ??Coas Mans nos Pucheiros?, a través do que aprenderán a preparar deliciosos pratos e a comer de forma equilibrada para levar unha dieta sa.

O obradoiro desenvolverase no mes de decembro, cunha duración total de 16 horas. As datas e horarios das sesións están neste momento pendentes da finalización do procedemento de licitación que ten en marcha a Deputación, e serán comuinicadas con antelación suficiente ás persoas que se inscriban para participar.

As prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación das inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures.

Persoas beneficiarias e requisitos:

O obradoiro ten como destinatarias as familias de Pontecesures

No programa poden participar persoas de todas as idades; terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais?).

As nenas e nenos de entre 13 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor.

As nenas e nenos de menos de 13 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 13 anos non acompañados.

Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutros concellos cando non se cubran a totalidade das prazas ofertadas, sempre que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do concello.

Documentación:

Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

?? Fotocopia do DNI (das persoas participantes que se recollan na solicitude)

?? Autorización/Compromiso de responsabilidade (só necesario para as e os menores de 13 a 16 anos que acudan sos aos obradoiros)

?? Volante de empadroamento

No caso de querer participar en diferentes concellos, deberase cubrir unha solicitude para cada un e achegar, en cada caso, a documentación correspondente, nos prazos de inscrición de cada concello.

Prazo de inscrición:   Ata o 30 de novembro incluído

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns de 10:30 a 14 e os martes e venres de 9 a 13:30 horas; ou na web http://www.pontecesures.org

SOLICITUDE DE PARTICIPACI?N «COAS MANS NOS PUCHEIROS»

AUTORIZACI?N MENORES «COAS MANS NOS PUCHEIROS»