O CLUBE NÁUTICO DE PONTECESURES PROCLÁMASE CAMPI?N DE ESPA?A EN SEVILLA DEMOSTRANDO TER O MELLOR EQUIPO INFANTIL DO PAÍS.

O Clube Náutico de Pontecesures acudía á primeira cita nacional na Cartuja en Sevilla, coas esperanzas postas en lograr o mellor posto posible no Campeonato de España Infantil 2016. Despois de perfilarse en Galicia como o mellor clube da comunidade autónoma na categoría infantil, fruto do traballo e mimo da sua canteira deportiva, estaba pendente medirse aos mellores clubes de España, para demostrar si esa hexemonía en Galicia podía manterse en todo o territorio nacional.

E logo de disputada a proba, O Clube Náutico de Pontecesures acadou o primeiro posto proclamándose CAMPI?N DE ESPA?A INFANTIL, por diante do Cidade de Pontevedra e o Real Club Náutico de Palma. Destacar o 2º posto de Lucía Dacosta Piñeiro en K1 infantil B e o 3º posto de Iria Romero Rey en C1 Infantil A.



image1

En canto á categoría de cadetes tamén o noso equipo conseguíu importantes logros, así na modalidade C4 cadete Mario Rodríguez, Jose Manuel Fragua, Jonathan Baleirón e David Bernal acadaron o 1º posto proclamándose CAMPI?NS DE ESPA?A tamén nesta embarcación. Destacar tamén o 4º posto en C1 cadete de Pedro Citoula.

C4 1

C4 2 (2)

Dende a dirección técnica do Clube, expón o seu presidente Anxo Barreiro, que o traballo cos máis pequenos é o futuro do clube. Esto permite ir incorporando aos rapaces a este deporte e co traballo día a día consolidar o clube nas distintas categorías superiores. Engade tamén, os excelentes deportistas con renome que ten o clube na categoría senior tanto en masculino e feminino situando ao clube nunha dimensión deportiva non só nacional senón tamén internacional.

Añade Barreiro: «A pena é que este crecemento deportivo non ven acompañado do mesmo xeito dun crecemento económico equiparable, o que dificulta cada ano máis a participación e desprazamentos a este tipo de competicións tan costosas e con material en moitos casos de máis de 30 anos, con máis peso do reglamentario, e que obriga a competir en desventaxa frente aos seus rivales?.