Charla informativa en Pontecesures: Axudas para a rehabilitación de vivendas no Camiño de Santiago.

CARTEL VIVENDAS CAMINOweb

O Concello de Pontecesures informa que o  vindeiro mércores, 30 de marzo, ás 20 horas, terá lugar una charla informativa de carácter técnico no Salón de Plenos do Concello.

Destinada a todos os interesados, ten por obxecto dar conta ta da liña de subvencións aberta o pasado 28 de decembro de 2015 (DOGA)  no marco da convocatoria «Axudas á rehabilitación de vivendas ou edificios sitos no trazado do Camiño de Santiago».

Esta liña de axudas está destinada á rehabilitación integral do Camiño de Santiago, no marco do Plan de Fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, dentro do Plan Estatal aprobado no Real Decreto (233/2013), do 5 de abril. A convocatoria é en réxime de concurrencia non competitiva, sempre e cando as edificacións non estean integradas nos ámbitos doutras áreas de rehabilitación integrais.

O obxecto desta orde e realizar obras de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, todo elo para a  adaptación á normativa vixente.