RESERVA DE PRAZA E PREINSCRICI?N NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTECESURES PARA O CURSO 2016/2017.

EIM

Prazo do 1 ata o 15 de abril de 2016.

No seguinte enlace pódense descargar o bando informativo para reserva de praza (alumnos/as da EIM) ou preinscrición (novos alumnos/as) e os formularios correspondentes, asi como o regulamento de organización da EIM:

EIM 2016/2017

Asemesmo, infórmase que trala preinscrición o prazo para formalizar a matrícula dos novos/as alumnos/as que acaden praza na gardería no curso 2016/2017 será do 1 ata o 15 de xuño.

RESULTADOS DO TAPEALAMPREA 2016: MELLOR TAPA E SORTEO DE VALES DE COMPRA.

SORTEO TAPEALAMPREA 2016

 

RESULTADOS DO SORTEO DO TAPEA LAMPREA (4,  5 E 6 DE MARZO 2016 PONTECESURES).

2ª Ruta de tapas de lamprea polos establecementos hostaleiros de Pontecesures.

Mellor tapa de lamprea (según a elección dos clientes por medio do depósito das papeletas nos distintos establecementos):

Establecemento hostaleiro: CASA CHAVES (1º) coa tapa ??A FLOR DO ULLA?.

2ª mellor tapa: TELE-BAR coa tapa ??DELICIAS DE LAMPREA?.

3ª mellor tapa: NU-2 coa tapa ??LAMPREA NU-2 EN SU SALSA?.

Sorteo de cheques/vales de compra no comercio de Pontecesures para os clientes que depositaron as papeletas:

1º Carlos T. Pasarín ??.???50 ?

2º Genaro Lafuente Lestón.?30 ?

3º Begoña Diz Magán??..??20 ?

COMUNICADO DO EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE PONTECESURES NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

8 de marzo

O 19 de marzo de 1911, celébrase, por primera vez, o Día Internacional da Muller (posteriormente engaderase traballadora) en Europa. Ademáis do dereito ó voto, nos mitins levados a cabo esixíase o dereito ó traballo, á capacitación profesional e a non discriminación laboral por razóns de xénero.

Hoxe, 105 anos despois deste primero encontro clave, ¿qué mudou nas reivindicacións? Se con anterioridade a crise a pobreza tiña «cara de muller», ¿cal é a situación despois de case dez anos de destrucción de emprego, recortes sociais e, en consecuencia, perda de poder adquisitivo? O resultado é maior nivel de probeza que afecta, coma sempre, predominantemente ás mulleres.

A taxa de actividade das mulleres situase de media no ano 2015 nun 48,7%; dez puntos menos que a dos homes. Menor participación no mercado de traballo, maior adicación ó traballo non remunerado: coidado de dependentes, situación agravada coas reduccións económicas destinadas ó seu coidado e, por non perder o costume, coidado da casa e da familia.

A taxa de paro femenina situase no 20% das mulleres activas no ano 2015 e, para agravar máis a situación, a meirande parte delas non teñen dereito a ninguna prestación por desemprego.

No caso das mulleres ocupadas, o único que cambia é exactamente iso, que están ocupadas. Dende o ano 2009 o número de mulleres que declaran ingresos á Axencia Tributaria, descendeu un 6%; os ingresos tamén descenderon, de media, 180 euros ó ano. A fenda salarial mantense arredor do 22% de media (4.432 euros/ano), ¿por qué? Sinxelo, a presenza de mulleres nos grupos de menores ingresos salariais anuais inferiores á metade do SMI, representan un 53% frente o 15% de mulleres que ingresan máis de 10 veces o SMI. A estes datos sumémoslle unha continua perda de ocupación entre as mulleres máis novas (menos de 35 anos); o aumento dos postos de traballo a xornada parcial (23% das mulleres); aumento dos contratos temporais (26,8%); o paro afecta ó 20% das mulleres activas e, de estas, un 41,8% levan máis de dous anos nesta situación, ¿cal é a conclusión?

Se a situación laboral da muller xa era precaria antes da crise, ésta non fixo máis que agravala, empeorando as condicións sociais, laborais e salariais. Por iso, dende o equipo de gobemo do Concello de Pontecesures, ratificamos a nosa postura en defensa dos dereitos sociais e laborais de todos os traballadores pero, especialmente, das mulleres porque á vista está que a situación laboral femenina ten, 105 anos despois, un longo camiño por percorrer na procura dunha igualdade real entre homes e mulleres. Por iso, exhortamos, non só ás Administracións Públicas e a empresa privada, senon tamén á sociedade, para que traballe a prol dun recoñecemento da muller en pé de igualdade ó home, sen máis distincións que as meramente obxetivas.