NOVA NORMATIVA PARA A XESTI?N DOS RESIDUOS DE APARATOS EL?CTRICOS E ELECTR?NICOS.

O Real Decreto 110/2015 do 20 de febreiro (publicado no Boletín Oficial do Estado do 21/02/2015) establece que os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) non poderán ser abandonados na vía pública e a súa recollida e tratamento debe facerse por separado. 

Polo tanto, en cumprimento desta normativa, de xeito provisional e ata que por parte dos concellos que integran a rede de recollida de RSU da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza (entre os que está Pontecesures) se implante un sistema para a recollida deste tipo de residuos; na recollida de mobles e enseres domésticos que se está a levar a cabo actualmente non poderán incluirse aparatos eléctricos e electrónicos ??RAEE-.

Por parte do Concello de Pontecesures recoméndase aos veciños que para desfacerse dos RAEE poden facelo en establecementos comerciais distribuidores de electrodomésticos.

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PARA RENOVE DE FIESTRAS E PARA CALDEIRAS.

No Diario Oficial de Galica de hoxe (DOG nº 119 do 26/06/2015) saen publicadas dúas liñas de axudas da Consellería de Economía e Industria:
– Subvencións para renove de fiestras:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150626/AnuncioCA04-180615-0008_gl.pdf

– Subvencións para renove de caldeiras de auga quente sanitaria e calefacción:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150626/AnuncioCA04-180615-0009_gl.pdf

En ambos casos o prazo de solicitude (a través das entidades colaboradoras (empresas instaladoras)) é do 27 de xullo ata o 30 de outubro.

 

Exposición pública da solicitude de ampliación de terreos do Tecor San Huberto de Valga.

A Presidencia do ??TECOR SAN HUBERTO? (con matrícula PO-10.082) do veciño Concello de Valga, ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras unha ampliación de terreos nos concellos de Padrón e Pontecesures, afectando ao Concello de Pontecesures en 78 hectáreas de terreos particulares da zona de Grobas-Fenteira.

Os veciños e veciñas interesados/as poderán consultar nas oficinas deste concello información gráfica (planos e/ou mapas) onde localizar os terreos afectados por esta ampliación.

O prazo de exposición pública deste expediente é do 22 de xuño ata o 22 de xullo. Durante este prazo poderáse consultar este expediente de ampliación asi como formular as alegacións que se estimen oportunas no SERVIZO DE CONSERVACI?N DA NATUREZA en Pontevedra (Rúa Fernández Ladreda, 43 ?? 2º) dependente da Consellería de Medio Ambiente.