O PROGRAMA DE DINAMIZACI?N DA LECTURA ??LER CONTA MOITO? VOLVE DE NOVO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTECESURES.

LER CONTA MOITO

O programa LER CONTA MOITO, de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galícia en colaboración cos concellos, vén de novo a Pontecesures. Deste xeito, coincidindo coa semán previa ao día das Letras Galegas, levaránse a cabo durante o mes de maio as seguintes actividades de lectura deste programa na Biblioteca Municipal de Pontecesures:

O luns 11 de maio: ??Intres? da compañía O sono do rato, dirixida a alumnos de educación infantil.

O martes 12 de maio: ??A ciencia é divertida? da compañía Nita, dirixida aos nenos/as da Escola Infantil Municipal (0-3 anos).

O mércores 13 de maio: ??Contos susurrados (?rase unha vez)? de Fátima Fernández, dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria.

O xoves 14 de maio: ??Contos do mundo? de Solidaridade Internacional, dirixida a alumnos de 3º e 4º de primaria.

O venres 15 de maio: ??Conto contigo? de Expresión producións, dirixida a alumnos de 1º e 2º de primaria.

Estas actividades realizaránse en horario de mañán en coordinación co CPI de Pontecesures.

UNHA PROBA DA COPA DO MUNDO DE RAID DE AVENTURA VAISE LEVAR A CABO DO 10 AO 17 DE MAIO DENDE CUNTIS A SANTIAGO DE COMPOSTELA, PASANDO NA PRIMEIRA XORNADA POR PONTECESURES.

rg2015_poste CESURESweb

A ARWS (Adventure Race World Series (Series Mundiais de Carreiras de Aventura)) con sede en Australia organiza entre o 10 e o 17 de maio unha das súas probas puntuable para a Copa do Mundo de Raids de Aventura en terras galegas. A organización desta proba corre a cargo do Club Gallaecia Raid, un clube con amplia experiencia nesta disciplina; sendo esta proba, xunto co Raid de Francia ás dúas únicas deste circuito que se farán en Europa neste ano dun total de 8 por toda a xeografía mundial.

Nesta proba os equipos axudados dun mapa e dunha brúxula deberán atopar unhas balizas situadas a través de 550 km da xeografía galega. Os corredores (en completa autonomía) enfrontaránse a etapas de trekking, bicicleta de montaña, kayak e barranquismo durante 4 días non-stop. Está confirmada a participación de 24 equipos procedentes de España, Francia, Finlandia, Suecia, Nova Zelanda, Chequia, Colombia, Chile,…etc.

A saída desta proba será en Cuntis o martes 12 de maio ás 9.00 da mañán, con chegada estimada a Santiago de Compostela o venres 15, logo de percorrer 550 km polos concellos de Cuntis, Ribadumia, Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Pontecesures, Vimianzo, Dumbría, Cee, Fisterra, Muxía, Camariñas, Negreira e Santiago.

En Pontecesures, na primera xornada do 12 de maio, realizaráse unha transición da proba (paso de kayak de mar a bicicleta) que se levará a cabo no peirao nas instalacións do Club Náutico; estando prevista a chegada do primeiro equipo ás 21.00 aproximadamente. Os equipos irán chegando en kayak procedentes de Ribadumia logo de remontar parte da Ría de Arousa e o río Ulla, unha vez en Pontecesures avituallarán nas instalacións do Clube Naútico e collerán as bicicletas rumbo a Vimianzo.

Dende o Concello de Pontecesures animamos a tódolos veciños a animar o paso desta proba polo noso pobo.