EXPOSICI?N P?BLICA DA VARIANTE PROPOSTA POR FOMENTO AO TRAZADO DA ESTRADA N.550 AO SEU PASO POR PADR?N, PONTECESURES E VALGA.

Informase que está aprobado provisionalmente o Estudo informativo ??Carretera Nacional-550 variante de Padrón, Pontecesures e Valga? por resolución da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento con data do 12/decembro/2014. Sendo publicado o anuncio no BOE con data 30/decembro/2014, cun prazo de información pública de 30 días hábiles.

Todos aqueles interesados en consultar esta documentación terana á súa disposición na Casa do Concello de Pontecesures ata o día 6 de febreiro de 2015 no horario habitual das oficinas municipais.

O CONCELLO DE PONTECESURES ABRE O PRAZO PARA A PARTICIPACI?N NA CABALGATA DE REIS.

REISMAGOS2008

O Concello de Pontecesures invita a participación de todos, nenos e maiores, na Cabalgata de Reis. Os interesados poden incribirse nas oficinas do Concello ata día 2 de xaneiro.  A Cabagata de Reis será o día 5 de xaneiro, sendo o lugar de reunión dos participantes nave de obras do concello ás 16.30 horas (saída da cabalgata ás 17.30 horas).

Recordase que en caso de choiva a recepción dos Reis Magos farase no Pavillón de Deportes.