Os Concellos de Catoira e Pontecesures animan aos fumadores a inscribirse nun obradoiro para abandonar a súa adicción.

cartel deixar de fumarREDUX

 

Os Concellos de Catoira e Pontecesures lembran que está aberto o prazo de inscrición nun obradoiro para deixar de fumar organizado polo seu respectivo Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias. En Catoira celebrarase no Edificio Multiusos e en Pontecesures no Club Xuvenil (a carón da Biblioteca Municipal). Lémbrase que o tabaquismo é a primeira causa de mortalidade evitable no estado español. Ocasiona anualmente uns 55.000 falecementos en España, o 16% do total nas persoas maiores de 35 anos. Actualmente, a taxa de mortalidade dos fumadores triplica á dos non fumadores, o que fai que un 30 a 35% dos primeiros falezan antes de cumprir os 65 anos. Con iso a súa vida redúcese nuns 10 a 15 anos.

O tratamento que se utilizará nas sesións baséase no método de redución gradual de nicotina, que permite controlar a dependencia física e psicolóxica que provoca o tabaquismo sen sufrir ningún síntoma do síndrome de abstinencia que provoca a deprivación da nicotina. As sesións serán de unha a semana durante as 5 primeiras semanas e logo espazadas cada 15 días durante dous meses máis.

O obradoiro comezará a impartirse no mes de marzo. En función da demanda, organizaranse grupos de mañá ou de tarde, cun límite de 15 prazas por grupo.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán inscribirse no concello de Catoira no teléfono 986546014 e en Pontecesures no 986564410 ou por correo electrónico enviando os datos persoais e de contacto a concello.catoira@eidolocal.es ou xuventude@pontecesures.org

Esta actividade ten unha cota de inscrición de 10 euros.

Contestación ao Sr. Sabariz respecto a rúa Dr. Mosquera

? indignante que sexa o Sr Sabariz precisamente, Concelleiro de Infraestruturas na anterior lexislatura, quen critique o abandono da Rúa Dr. Mosquera.

Actualmente, as canalizacións de abastecemento están nun estado moi precario. Trátase de tubos de fibrocemento con moita antigüidade e sometidos  a unha importante presión, o que fai que sufran roturas con moita frecuencia. Esta situación tradúcese na necesidade de realizar constantes reparacións que supoñen non só un custo económico moi elevado, senón tamén unas interrupcións periódicas no servizo de abastecemento a unha parte importante da poboación do municipio.

 

Pero tamén é certo que isto xa sucedía na lexislatura anterior e o concelleiro de infraestruturas daquela non fixo nada, e iso que polo plan E lle foron concedidos ao Concello entre o Estado e a Deputación sobre  1,5 millóns de euros, dos cales nin un euro foi adicado a solucionar as deficiencias na rúa Dr Mosquera. Pero non só na rúa Dr. Mosquera, senón que ningunha das rúas das zonas rurais viron un euro de dita subvención. Vostedes si tiñan abnadoada a zona rural do pobo cando si había subvencións.

 

Pero que vostedes non fixesen nada non é escusa para non actuar. Non é certo que para o actual equipo de goberno non sexa una prioridade o arranxo da rúa Dr. Mosquera,  xa que o ano pasado se pediu unha subvención para ??Renovación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Doctor Mosquera? ao Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza  por un importe de 40.000?. Por desgraza, esa subvención non foi concedida, polo que o actual equipo de goberno xa está buscando solucións para en breve poder arranxar non só a rúa Dr. Mosquera senón tamén o lamentable estado dalgunhas rúas do rural nas que é practicamente imposible circular por elas.

 

Programa de prevención do tabaquismo no CPI Pontecesures.

DEIXAR DE FUMAR

O plan de prevención das drogodependencias e conductas adictivas do Concello de Pontecesures en colaboración co C.P.I. Pontecesures está a desenvolver este mes e ata completar 6 sesións, cos alumnos/as de 1º e 2º da ESO un programa de prevención do tabaquismo.

A pesar da entrada da lei 42/2010 o tabaquismo segue sendo unha das asiganturas pendentes da sociedade galega.

O tabaquismo é a principal causa mundial de enfermidades e mortes evitables. Moitas destas mortes son, ademais, prematuras. Ocasiona anualmente uns 55.000 falecementos en España -o 16% do total nas persoas maiores de 35 anos- e uns 15.000.000 no mundo.

Estímase que esta última cifra pode chegar aos 10 millóns no 2020, ano no que o consumo de tabaco estará implicado nunha de cada seis mortes. Actualmente, a taxa de mortalidade dos fumadores triplica á dos non fumadores, o que fai que un 30 a 35% dos primeiros falezan antes de cumprir os 65 anos. Con iso a súa vida redúcese nuns 10 a 15 anos.

A maior prevalencia encóntrase nos adolescentes e nos mozos, cun 50% de fumadores no grupo comprendido entre os 16-25 anos. En concreto, as mozas españolas son as europeas que máis fuman e nelas a frecuencia do hábito tabáquico triplicouse nos últimos 20 anos. Por desgraza, tamén a idade media de inicio no hábito tabáquico sufriu un progresivo descenso, para situarse actualmente en España en arredor dos 13 anos, polo que os cursos máis sensibles debido a idade son 1º e 2º da ESO.