Contestación ó Sr. Sabariz polas críticas á XVIII Festa da Lamprea

Dende o equipo de goberno queremos contestarlle ó Sr. Sabariz as súas denigrantes declaracións sobre a XVIII Festa da Lamprea. Esperábamos un pouco máis de calidade na súa valoración da Festa.

 

Lamentables  son as súas viles e ruíns manifestacións que o que fan é emporcallar unha festa de exaltación dun dos produtos estrela da nosa gastronomía. Este señor máis que un portavoz da oposición parece o típico bocazas que coa excusa de facer oposición o único que fai e criticar o máis mínimo detalle quizá sin decatarse (ou si) de que o que está facendo e afundindo unha vez máis a reputación da nosa vila. Exemplos temos de sobra: si un par de latas de cervexa na Prazuela, si a un veciño se lle escapan as galiñas ou as cabras, e así, infinidade de nimiedades que o único que fan e emporcallalo todo. Estamos de acordo que cada un pode facer as críticas que desexe, que este equipo de goberno ás veces comete erros e que con toda normalidade se nos pode criticar, pero de aí a que todo estea mal e que polas súas ansias enfermizas de protagonismo se dé unha imaxe lamentable e negativa do noso pobo nos medios non se pode consentir.

 

Entrando en detalle na súa declaración, si temos que dicir que iste ano non foi posible acondicionar coma quixeramos o terreo onde se ubica a carpa debido á cantidade de choiva que non dou tregua ata o último día da celebración da Festa (quizais tamén cree que este equipo de goberno ten a obriga de decidir sobre os fenómenos atmosféricos); ainda así na foto que acompaña a sua crítica non se denota o estado tan desastroso do chan. Non compartimos en absoluto o seu comentario sobre a falta de público, e nos gustaría saber si este señor se adicou todo o día a contar á xente para saber o número exacto de persoas que viñeron á Festa. Quizais o que lle moleste e que se vendese toda a lamprea e non sobrase como outros anos para así el poder levarse como outros anos unha cazola con 3 lampreas para a súa casa polo ??módico? precio de 12?. Outro tema  é o do tamaño da carpa, xa que é completamente falso que fose máis pequena que o ano pasado, que tiña exactamente os mesmos m2. Falando da carpa preguntámonos por qué na súa nota non nos conta que na edición anterior este equipo de goberno tivo que asumir o coste da carpa da XVI Festa da lamprea organizada polo anterior goberno do que este señor era Tenente Alcalde por un importe de 5.546? e a comida dos colaboradores da Festa por un importe de 864?.

 

E por último preguntarlle ó señor Sabariz qué é o que ve de negativo de que se conseguise facer a Festa da Lamprea cun presuposto de 5.000? + IVE (incluindo a Festa do Comercio local) cando nas 2 últimas edicións feitas polo anterior equipo de goberno o presuposto na XV Festa da Lamprea foi de  33.544,51? e na XVI Festa da Lamprea  foi de 42.563,16?.

 

Que nos explique qué diferencias significativas atopou entre esas dúas edicións e a actual, máis alá da capacidade deste goberno de organizar a Festa da Lamprea e a Feira do Comercio Local, co mesmo éxito de público e cun coste un 88% menor.

ENTREGA DO NOVO VEHICULO A PROTECCION CIVIL

ENTREGA DO COCHE A AGRUPACI?N DE PROTECCI?N CIVIL DE PONTECESURES.

No día de hoxe foi entregada polo equipo de goberno o novo coche a Agrupación de Protección Civil de Pontecesures.

Este coche foi concedido o Concello de Pontecesures a través dunha subvención do fondo de compensación ambiental da Consellería de Presidencia.

A Consellería aportou 31760 e o Concello 8000 euros.

Dende o equipo de goberno queremos darlle as grazas a agrupación polo traballo que desenrolan neste Concello e que sempre terán o noso apoio no que precisen.

IMG-20130412-00146

IMG-20130412-00144

MEMBROS DA AAVV DE PROTECCION CIVIL E ENTEGRANTES DO EQUIPO DE GOBERNO NO MOMENTO EN QUE O ALCALDE LLE FAI ENTREGA DAS CHAVES DO TODOTERREO ? RESPONSABLE LOCAL DA AGRUPACI?N.

SORTEO NA PRAZA DE ABASTOS DO CONCURSO PRESUME DE PRACEIRO

No día de hoxe fixose o 1º dos 2 sorteos da campaña PRESUME DE PRACEIRO. Esta campaña está destinada a promover os mercados municipais da CC.AA.; incentivar o consumo de productos perecedoiros frescos, así como a posta en valor da profesionalidade e bo facer dos profesionais que traballan cada día nos mercados.

Así, resultaron gañadores/as:

1º Premio (75 ? en vales de compra) Enma Jamardo.

2º Premio (50 ? en vales de compra) Alvaro Constantino Espiño

3º Premio (25 ? en Vales de compra) Delfina Pardal.

O seguinte sorteo vai ser o vindeiro venres 3 de maio.

As fotos dos premiados/as recollendo os seus respectivos agasallos:

I PREMIO

II PREMIO

2 premio