O Concello de Pontecesures fomenta o voluntariado social. Posta en marcha da Bolsa Municipal de Voluntariado.

VOLUNTARIADO 

O Concello de Pontecesures ten elaborado un programa para fomentar o voluntariado entre a veciñanza do pobo. Para isto, e como un primeiro paso, pon en marcha a primeira Bolsa do Voluntariado coa fin de dar cabida a todas aquelas persoas que, de xeito desinteresado, queiran adicar parte do seu tempo a mellorar a sociedade. Polo de agora xa está dispoñible nas oficinas do Concello e páxina web municipal a solicitude para poder formar parte da bolsa do voluntariado municipal, engadindo que calquera persoa pode colaborar nunha acción voluntaria e traballar a favor dos vecinos e veciñas máis necesitados da vila.

Para formar parte desta bolsa municipal so é preciso cubrir a devandita solicitude. Neste formulario, ademais dos datos personais, pregúntase polas áreas que máis poidan interesar, as tarefas que gostaría desenvolver así como o tempo que se podería adicar, en definitiva, trátase de coñecer o perfil do voluntariado e saber cales son os seus intereses e inquietudes. Neste senso, lembrar que para que unha acción sexa voluntaria debe ser desinteresada; ten que ser intencionada, xa que persigue un obxectivo positivo e lexítimo; e finalmente, dicir que non é un entretemento sen máis, senón que persegue satisfacer unha necesidade previamente definida.

Posteriormente, informarase as persoas que formen parte da nova Bolsa do Voluntariado dos programas máis axeitados ao seu perfil así como as tarefas a desenvolver. � preciso adiantar que as persoas participantes poderán participar nos diversos cursos de formación convocados pola dirección xeral de Voluntariado.

No seguinte enlace pódese descargar o formulario de solicitude para formar parte da Bolsa de Voluntariado:

 http://www.pontecesures.org/datos/INSCRIC_VOLUNTARIADO_formulario.pdf

 

Promoción da Praza de Abastos de Pontecesures. Campaña PRESUME DE PRACEIRO/RA.

cartel praza 2013

A Praza de Abastos de Pontecesures súmase a  campaña  «Presume de praceiro/a» organizada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta.  Esta é unha iniciativa de promoción de este espazo público dirixida, tanto á clientela, como aos profesionais dos postos. Esta campaña, que comezou o 18 de marzo e remata o 3 de maio, busca poñer en valor a profesionalidade e o bo facer dos profesionais que traballan no nosos mercados.

PRACEIRO 2013

Nesta nova edición, destínanse 300 euros en vales de compra en sendos sorteos. Os clientes poderán votar ao que consideren mellor vendedor da Praza de Abastos, que será distinguido nun acto da consellería xunto ao resto dos finalistas doutras prazas de Galicia. Entre os votos emitidos polos clientes, realizaranse dous sorteos, un o 12 de abril e outro o 3 de maio. En ámbolos dous sacaranse tres boletos que resultarán premiados con vales de compra canxeables na propia praza de Abastos de Pontecesures por valor de 75, 50 e 25 euros respectivamente.