REMODELACIÃ?N DO CLUBE XUVENIL DE PONTECESURES.

clube xuvenil remodelación DEC2012

No día de onte a brigada de obras do Concello de Pontecesures rematou a mellora da parte inferior do local coñecido como Club Xuvenil. Os traballos consistiron na instalación dun novo chan de tarima flotante, actualización do mobiliario e instalación de radiadores de calefacción.

Desde o Concello apuntan que en breve continuaranse os traballos de remodelación. En concreto, continuaranse as mesmas actuacións no resto de salas do Clube Xuvenil, Biblioteca municipal e Centro Social.