Educación secundaria para persoas adultas, curso 2012/2013 en Pontecesures.

EDUCACI?N SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

CURSO 2012/2013:

  • Clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial ??ESA
  • Preparación para as probas libres de Abril e Setembro

Infórmase  que  está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adultos, consistentes en  clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial  de Educación Secundaria para persoas Adultas ??ESA- ao que poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais para obter o título de Graduado en Secundaria, curso 2012/2013, e tamén as clases de preparación para as probas libres de abril e setembro (que permiten obter a ESA nun único exame).

As clases realízanse en horario nocturno.

Para máis información poden dirixirse á AULA de Educación de Persoas Adultas no CPI INFESTA ( R/Avelino Pousa Antelo s/n), luns a xoves de 19 a 21 horas, ou no Servizo Social Comunitario do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas.

 

Campaña solidaria de recollida de xoguetes en Pontecesures.

Un ano máis o Concello de Pontecesures pon en marcha a campaña  de recollida solidaria de xoguetes para que os nenos/as das familias con menos recursos tamén teñan os seus agasallos no día de Reis. Baixo o lema ??ALONGA A VIDA DOS TEUS XOGUETES? ponse en marcha esta campaña para que as familias con máis recursos poidan  nesta época tan especial do ano axudar a outras menos favorecidas.

Á entrega de xoguetes faráse, como é habitual, á FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA. Agardanse superar os maís de 500 xoguetes que se xuntaron na campaña do ano 2011.

Todas as persoas que queiran colaborar coa campaña deberán depositar os seus xoguetes na Casa do Concello, no CPI de Pontecesures ou na Escola Infantil Municipal

Asemesmo, prégase que os obxectos doados sexan novos ou se atopen en bo estado, e non teñan carácter bélico nin sexista.

Tamén recordar que toda aquela persoa que queira colaborar para o almecenamento e reparación de xoguetes pode facelo, para iso so ten que preguntar na Casa do Concello.

Dende o Concello de Pontecesures tamén se quere reseñar que a FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA segue coas súas campañas de recollida de tapóns de plástico e roupa para diferentes campañas solidarias que ten en marcha.

 

Teatro Chévere conmemora o día contra a violencia de xénero en Pontecesures.

O espectáculo de música e teatro I’ll be watching you: os roles de xénero nas cancións de amor, a cargo de la compañía de teatro Chévere, chegará a Pontecesures o vindeiro martes 6 de novembro. Dita representación serve para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro. Este acto está destinado a alumnos e alumnas de secundaria do CPI Pontecesures e terá lugar no Centro Social a partir das 11 da mañán.

Deste xeito, Chévere continúa a súa xira por diversos concellos de Galicia co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade con este espectáculo dirixido especialmente a público xuvenil, que conta en escena con Patricia de Lorenzo e Manuel Cebrián.

I’ll be watching you é un proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical do grupo Chévere, que analiza os valores que moitas veces se agochan detrás das baladas románticas, cuestionando os estereotipos ríxidos de home e muller que non contemplan outras opcións, a cosificación da muller, os celos como proba de amor, a connivencia coa violencia e o sentimento de propiedade sobre a outra persoa. Fala das relacións de igual a igual frente ás que non o son, da autoestima, da necesidade da reacción das propias mulleres para poñer fin á violencia de xénero.

Yeni é a vocalista e Dami o guitarrista dunha orquestra de pachanga. Veñen ofrecer o típico repertorio versioneando os éxitos do pop actual, esa música coñecida por todo o mundo e supostamente neutral, apolítica. Entre tema e tema, Yeni introduce o relato da súa propia experiencia vital como muller,facendo participar ao público dunha nova e crítica lectura dos valores que transmiten as cancións que canta.