Samaín 2012 Pontecesures.

ACTIVIDADES:

  • OBRADOIRO DE SAMAÍN: De 16.30 a 19.00 no Centro Social (a partires de 4 anos).
  • CONTACONTOS E TEATRO: Ás 19.30 horas na Plazuela.
  • DESFILE DE CABAZAS: Ás 20.00 horas polas rúas do centro do pobo. Haberá premios para as cabazas mellor decoradas.
  • MAGOSTO POPULAR (castañas asadas): Ao remate do desfile na Plazuela.

En caso de choiva o CONTACONTOS, TEATRO E O MAGOSTO transladaránse á Praza de Abastos; e o desfile suspenderáse mantendo o concurso de cabazas que tamén se faría na Praza de Abastos.

Organizan o Concello de Pontecesures e a ANPA do CPI de Infesta.

 

Aprobación do Plan de Investimentos e Gastos Correntes para o ano 2012

A Xunta de Goberno local aprobou no día de onte, venres 26 de outubro de 2012, o Plan de Investimentos e Gastos Corrientes para o ano 2012 da Deputación de Pontevedra por unha cuantía de 156.651,27 ?.

O 30% desta cuantía, 46.989,32? destínase a pagar Gastos Correntes.

O restante destinase as seguintes inversións:

1) Actuación de Aforro enerxético en edificios municipais por unha cuantía de 59.160,47?.

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de Aforro enerxético en distintos edificios de titularidade municipal (campo de futbol, biblioteca, escola taller, clube náutico, praza de abastos, pavillón de deportes, protección civil, casa do concello, centro social, local xuvenil e ximnasio, luces exteriores e edificio administrativo do Colexio.)

A actuación prevista consistirá na substitución dun importante número de elementos da iluminación existente en distintos edificios municipais, cambiando as lámpadas incandescentes, de haloxenuros e os tubos fluorescentes por lámpadas e tubos led de baixo consumo. O aforro estimado con esta actuación e dun 75-80%.

O equipo de goberno pretende utilizar este aforro en investimentos no ano 2013.

2) Actuación de reparación e mellora na rede de saneamento por un importe de 24.066,59?

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha obra consistente en diversa actuacións de reparación e mellora de elementos da rede de saneamento pública do concello. A obras previstas realizaranse en diversos puntos da rede de saneamento, en concreto:

A)    EDAR Pontecesures

  • reparación de 3 bombas
  • reparación do peine de desbaste
  • substitución electrodo de PH
  • sustitución sonda de medición de osíxeno
  • bomba de recirculación de fango

B)    Bombeo en Pontilliña

  • Limpeza arenero e pozo
  • Reparación do cadro eléctrico
  • Sustitución de 3 equipos de bombeo

C)    Bombeo en Calera

  • substitución de 2 equipos de bombeo
  • limpeza de pozos

D)    San Xulián

  • limpeza de pozos

 

3) Acondicionamento da praza no Camiño dos Acevedos por un importe de 26.428,23?

As obras previstas consistirán, por unha banda, na ampliación da zona de xogos, a costa de reducir a zona pavimentada en lastros, na supresión dun dos alcorques, na recolocación de dous dos bancos existentes e a formación dun novo alcorque de dimensións máis pequenas que o que se suprime.

Por outra banda, prevese instalar na zona de nenos 3 xogos infantís (un columpio dobre e dous balancíns sinxelos), un valo perimetral de madeira, un cartel informativo e un chan de area grosa con capacidade absorvente.

 

 

Acondicionamento do cemiterio municipal de Pontecesures.

O persoal do Servizo de Obras do Concello de Pontecesures xa comezou as tarefas de mantemento e limpeza do cemiterio municipal de Condide co obxectivo de que os vecinos e veciñas o atopen nas mellores condicións de cara a vindeira festividade de Todos os Santos.

Os traballos consisten, básicamente, no desbroce dos xardíns que decoran o camposanto, e a  limpeza en xeral, evitando así a acumulación de vexetación e dando unha visión de limpeza a quen visite este lugar nos próximos días.

Por outra banda, o Concello de Pontecesures está a preparar un operativo coa presenza da Policía Local e de Voluntarios de Protección Civil pola mañá e pola tarde ante a habitual  afluencia de xente aos camposantos de Condide e San Xulián no día de Todos os Santos.