Contestación ó Sr Sabariz polo reloxio da igrexa.

Xa está ben de que vostede intente enganar á xente coa sua demagoxia e coas súas medias verdades.

Acúsanos de liarnos en canto a  titularidad do ben, coa casa comercial que instalou o reloxio, que non falamos co párroco e que non informamos sobre o coste da reparación.

Todo iso é mentira. Non temos ningún lío coa titularidade do ben xa que coma este señor dí, sí foi adquirido polo concello pero no seu día foi doado á parroquia, polo que claramente a titularidade é da igrexia. Como ben sabe o sr Sabariz o reloxo non está no inventario municipal de bens.

O problema que temos coa casa comercial (de Vigo), que instalou o reloxio, ben motivado pola deixadez do propio sr Sabariz que non se preocupou de que cando se comprou pedirlle ó comercio o libro de instruccións e o código de acceso ó equipo informático que regula o funcionamento. O que si ten claro este equipo de goberno é de non aceptar a chantaxe de que sempre que hai unha averia teña que ser a empresa de Vigo quen teña que solucionalo xa que isto dispara os custes do arranxo.

Por último segue vostede mentindo cando dí que non se falou co párroco. Sí se falou con el, e acordamos a colaboración do concello en facer todas as xestións coa empresa de Vigo para reclamarlle tanto  o código de acceso coma o libro de instruccións cousa que debería ter feito vostede xa no ano 1999 ou ben durante os máis de 10 anos que estivo no equipo de goberno.

Polo tanto esa acusación de abandono e de deixadez do equipo de goberno debería reclamarlla a ¡VOSTEDE MESMO!

Concesión dunha subención para ??Adquisición de vehículo para protección do medio ambiente e do espazo natural e para prevención, extinción e xestión de emerxencias?

Mediante Resolución do Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de acordo co disposto na Orde do 4 de maio de 2012, dentro da liña de subvención Fondo Compensación ambiental: Liña Competitiva, contemplada no artigo 4.1.b) da devandita Orde, acordouse conceder ó Concello de Pontecesures unha subvención por un importe total de 31.840?, para o proxecto denominado ??Adquisición de vehículo para protección do medio ambiente e do espazo natural e para prevención, extinción e xestión de emerxencias?, segundo o detalle que se indica a continuación:

 

Orzamento total: 39.800?

Importe da subvención: 31.840? (80%)

Aportación do concello: 7.960? (20%)

 

ABERTA A INSCRICI?N PARA AS ACTIVIDADES DE AEROBIC, XIMNASIA DE MANTEMENTO E XIMNASIA PARA MAIORES.

Ante a gran demanda de actividades de ximnasia de mantemento, aerobic e ximnasia para maiores, e debido a imposibilidade de contratar a una monitora  pola nova normativa de contratación da Administración Pública, o Concello de Pontecesures ven de asinar un convenio cunha empresa especializada, CHAMPIONS GALICIA FITNESS SOTO VITURRO S.L., para o desenvolvemento destas actividades deportivas. Esta empresa encargarase da xestión económica das cuotas e do desenvolvemento das actividades. Pola súa parte, o Concello pon a disposición da empresa as dependencias habituais para realizar estas actividades e realizará a inscrición dos interesados.

O prezo mensual destas actividades, que se levarán a cabo de outubro a xuño, é de 8 ? (prezo para todo o curso en pago único é de 55 ?) e o prazo de inscripción comezará o vindeiro luns 17 de setembro e permanecerá aberto durante todo o ano para que os interesados poidan apuntarse cando o desexen.

Para a posta en marcha destas actividades convócase a tódalas persoas interesadas a unha reunión que se levará a cabo o martes 25 de setembro ás 20.30 horas no local anexo ao Pavillón Municipal de Deportes.

 

Reparacións no CPI de Pontecesures de cara ao novo curso escolar.

Posta ao día das instalacións de cara ao novo curso

O goberno local de Pontecesures ven de ultimar diferentes traballos de mantemento no colexio de Pontecesures  de cara ao inicio do  próximo curso escolar.

As actuacións levadas a cabo comprenden a limpeza do recinto, desbroce de maleza, adecentamento dos accesos, instalación de novos sanitarios e outras reparacións diversas (grifos, desagïes, portas, fiestras, persianas, etc.).

Acometeuse tamén a colocación dun tellado aillante no cuarto da caldeira de calefacción, así como o pintado exterior de dito cuarto.

 

Proba da Volta a Galicia de BTT en Pontecesures, Valga e Cuntis.

PROGRAMA VOLTA A GALICIA BTT. (8 e 9/setembro/2012)

08/setembro/2012

09:00 Retirada de dorsales y transponders. Pabellón de Deportes de Beiro (Cordeiro-Valga).
11:00 Etapa prólogo. Valga (CRI 5 km).
16:15 Control de firmas. Casa do Concello de Valga.
17:00 Etapa 1. Valga (40 km).
19:30 Entrega de trofeos.

09/setembro/2012

09:15 Control de firmas. Pabellón de Deportes de Cuntis.
10:00 Etapa 2. Cuntis (47 km).
13:30 Entrega de trofeos.