Ruta «Desembocadura Sar-Ulla» ,do Programa Goza do Ulla, en Padrón.

Ruta que discorre por diversos lugares de Padrón, percorre tramos do río Ulla e a súa confluencia co río Sar.

Esta ruta está programada para o sábado 8 de setembro dentro do Programa GOZA DO ULLA que inclue outras rutas por concellos que están bañados polo río Ulla.

A duración estimada desta ruta é de 3 horas. Inscricións para o 8 de setembro no teléfono 981 881 329 ou no mail  deportespadron@yahoo.es

Lugar e horario de saída: No Centro Social de Padrón ás 10.00 horas.

Información completa do Programa GOZA DO ULLA con tódalas rutas neste enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382

 

 

Grande éxito de participación na ruta «Ollando o Ullán».

Cunha participación de 40 persoas (na fotografía faltan unhas 15 persoas) no día de onte, 2 de setembro,  levouse a cabo  esta ruta, que está enmarcada no Programa Goza do Ulla polo cal que se realiza unha ruta por cada concello polo que transcorre o río Ulla.

Os participantes, a maioría de fora de Pontecesures, mostraron o seu agrado polo trazado e paisaxes da ruta que cubríu unha distancia de 17,5 km pasando por lugares como o monte de Castro Valente, monte Salgueiras, Campo Redondo, Mirador da Galiñeira, etc.

Máis fotografías no seguinte enlace:

http://pontecesures.org/galeria.asp?cat=34&gal=39

 

Adxudicación suministros para renovación semáforos na Rúa Redondo, Avda. de Vigo e Avda. de Arousa.

O pasado 29 de agosto foi aprobado en Xunta de goberno a adxudicación  da obra RENOVACI?N DE SEMÁFOROS NA R?A REDONDO, AVDA. DE VIGO E AVDA DE AROUSA

Esta enmarcada na Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxetica en España (E4) ?? Plan de accion 2008-2012 ??  subencionado a traves do Instituto Enerxetico de Galicia (INEGA) a traves dos Proxectos de Renovación de Instalación de Iluminación Exterior . Renovación de Semaforos

A obra consite na sustitución das actual opticas de semáforos con tecnoloxia obsoleta e rendemento moi baixo de lamparas de incandescencia por unha nova tecnoloxia mais eficiente con iluminación led.-

A obra foi adxudicada á empresa SETGA por un importe de 11.701,24? cunha aportación do INEGA de 8.286,47? (70%) e unha aportación do Concello de 3.534,37? (30%)

Abaixo resumimos os aforros que se estima

SITUACI?N ACTUAL SITUACI?N PROPUESTA AFORRO ANUAL AFORRO ANUAL (%)
Nº ?PTICAS 48 48
POTENCIA INSTALADA (KW) 4,44 0.35 4-09 92
CONSUMO ACTUAL (KWH/ano) 19.885 1.378 18.507 93
COSTE ANUAL (?/ano) 4.315 299 4.016 93

 

 

AFORRO TOTAL : 4.016?/ano (93%)

 

Contestación ó Sr Sabariz pola reixa no Camiño Portugués en Condide

Logo da nota de prensa publicada no día de hoxe  na que o Sr Sabariz reclama a reparación dunha reixa no Camiño Portugués, á altura de Condide, na que mostra unha foto na que se ve a falta da reixa e a colocación duns ramos, o equipo de goberno quere matizar o seguinte:

  1. Xa o día 25 o equipo de goberno se percatou deste incidente e se enviou á Policia Local ó lugar. Despois de recolocar a reixa nos puxemos en contacto con técnicos do Xacobeo para informalos do incidente.
  2. No día de onte técnicos do Xacobeo xa estiveron na zona e quedaron en solucionar o problema o antes posible.
  3. Este equipo de goberno considera que este tipo de actuacións son as normais que se realizan a cotío e que non é necesario facer notas de prensa tódolos días tal e como facía o Sr Sabariz cando gobernaba.
  4. Agora ben, o que si queremos lamentar é a actuación do Sr Sabariz xa que constantemente mediante mentiras e medias verdades intenta desacreditar a laboura do equipo de goberno, intentando que quede na cidadanía a sensación de que o goberno non fai nada. Para demostralo queremos que o propio Sr Sabariz nos explique porqué a foto que lle enviou onte ós medios coma se fose sacada o dia 28, realmente é anterior ó día 25 tal como se demostra na fotografía sacada pola Policia Local, onde sí figura o día que se realizou. Vendo a foto vese claramente que a foto do Sr Sabariz é anterior xa que si fose posterior o único que daría que pensar é que retirou a reixa para facela foto, demostrando así a súa obsesión por utilizar calquer tipo de medio pouco ético para criticar ó goberno.
  5. O que lle pedimos ó Sr Sabariz é que faga unha oposición responsable sen a utilización da mentira, da hipocresía e da demagoxia. Non todo vale excusándose que a laboura da oposición é criticar.

Foto enviada por Sabariz ós xornáis o día 28

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Foto feita pola Policía Local o 25 de agosto