Peche da Biblioteca Municipal durante o mes de agosto

Os usuarios poderán acudir á Aula Dixital instalada nos baixos do Concello

Durante o vindeiro mes de agosto, a Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures permanecerá pechada por vacacións da traballadora que se ocupa da mesma. Nesta ocasión non foi posible manter o servizo, como habitualmente se facía, con persoal contratado pola Xunta través do Programa de Cooperación, xa que foron recortados dun xeito brutal as prazas convocadas.
Ante esta situación, o Concello de Pontecesures pon a disposición dos usuarios da biblioteca municipal a recentemente creada Aula Dixital, situada nos baixos da Casa do Concello.

A Consellería de Traballo subvencióna a contratación de 2 auxiliares de xardinería no Concello de Pontecesures.

A Consellería de Traballo, dentro do Programas de ??Cooperación? venlle de conceder unha subvención por importe de 13.146,6 ? a este Concello para a contratación de 2 persoas desempregadas ó abeiro deste programa de fomento do emprego.

En concreto, os postos concedidos son os de 2 auxiliares de xardinería, cunha duración de 5 meses de contrato, e unha xornada a tempo parcial de ¾, esto é, arredor das 5 h. ½ horas de traballo diario.

A selección dos candidatos será a través do INEM, e iniciaráse nos vindeiros días, para o cal aquelas persoas interesadas deberán figurar nas súas bases de datos.

 

Pontecesures acolle unha exposición adicada ao cómic.

Poderanse disfrutar obras de destacados autores da arte da banda deseñada

O Concello de Pontecesures acollerá durante as vindeiras semanas unha exposición con traballos de Rafael Losada, un barcelonés asentado en A Illa vinculado ao cómic. A exposición poderáse visitar na Casa do Concello en horario de mañá.

A mostra inclúe traballos de destacados debuxantes do ámbito nacional e internacional como Jordi Longaron, Stan, Drake, Pepe González, Modesty Blaze, Arturo del Castillo e José Ortiz, pertencentes á colección particular do propio Rafael Losada

La exposición quere destacar a relevancia que tivo o soporte en papel para a difusión da banda deseñada frente aos tempos actuais nos que se prioriza o formato dixital. Hai que destacar o cartel anunciador desta mostra, realizado en exclusiva por Rafael Losada, e que dedica á muller en xeral e á súa participación no cómic con heroínas que acadaron o éxito  a nivel mundial: Modesty Blake, Friday Foster, Juliet Jones e Vampirella, e que en palabras do autor ??xustifico a necesidade desta homenaxe polos recortes feitos na protección á muller e aos malos tratos que padece?.

O acto de presentación desta exposición terá lugar o vindeiro luns 23 de xullo, ás 12:00 h no Casa do Concello e contará coa presenza de Rafael Losada e do alcalde de A Illa, Manel Vázquez e a concelleira de Servizos Sociais e Medio Ambiente de dito Concello, Lola Folgar.

 

Resposta do grupo de goberno de Pontecesures á moción de ACP sobre a retirada das pagas extraordinarias de decembro aos concelleiros liberados.

Unha vez apresentada por parte do grupo ACP unha proposta de moción, para a sesión plenaria do 30 de xullo, solicitando a retirada das pagas extraordianarias de decembro aos concelleiros liberados do Concello de Pontecesures; estes 3 membros do goberno queren poñerlle as cousas claras o Sr. Sabariz:

En este caso chega vostede tarde. Xa que por acordo dos tres quedou claro que nos iamos a retirar a paga extra de nadal. Xa llo fixemos saber no seu día á secretaria para que o contemplase nos orzamentos deste ano. Así que sin preguntar se isto xa estafa feito manda vde. un globo sonda o espazo. Pero é como soe facer vostede as cousas, sin xeito.

Non somos tontos, xa nos enteramos do real decreto, aínda que vostede se crea o ombligo do mundo e o máis listo, nós xa tiñamos tomada esta determinación.

E agora dende o equipo de goberno queremos deixarlle claro que esta moción do seu grupo non irá ao pleno do día 30 de xullo xa que o seu contido é unha obviedade e non ten sentido. Como non ten sentido presentar unha moción sobre un tema cando o tema xa esta aclarado. Pero bueno as cousas só as fai así o Sr Sabariz que non debe ter nada máis que facer.

 

Goza do Ulla: Rutas de sendeirismo.

Rutas organizadas polos concellos que baña o río Ulla, dende Monterroso ata Rianxo.

A próxima ruta a realizar é a do concello de Touro o domingo 5 de agosto. A ruta «Ribeira do Ulla». Lugar de encontro na Casa do Concello de Touro ás 10.00 horas.

Información e inscricións ata o 27 de xullo no enderezo electrónico:

ana.pajaro@touro.dicoruna.es

ou no teléfono 981 504 029

Mais información na web:

www.touroturismo.com

A continuación podese descargar o PDF completo coas datas e información de tódalas rútas:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382