Bolsas de Axudas ao estudo para o curso 2012/2013 do Concello de Pontecesures.

Axudas do Concello de Pontecesures para nenos/as de 2º ciclo de Educación Infantil, consistentes en axudas individuais de 75 � por neno/a.

Axudas para alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e 1º e 3º de ESO, consistentes en libros de texto procedentes do banco de libros municipal.

Para os dous tipos de axuda o prazo de solicitude é dende o 13 ata o 30 de xullo.

Mais información para as solicitudes, documentación a presentar e requisitos dos solicitantes, descargando as bases:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=380

 

Os rapaces e rapazas que están participando na ludoteca de verán visitarán a exposición «Galicia conservando a natureza» na Casa do Concello.

O vindeiro venres 13 de xullo a partir das 11.00 da mañá os rapaces e rapazas que están a participar na ludoteca de verán en Pontecesures farán unha visita guiada á exposición GALICIA: CONSERVANDO A NATUREZA na Casa do Concello de Pontecesures. Esta visita guiada, ademais, está aberta a tódolos rapaces/as que queiran asistir; tan so teñen que estar as 11.00 horas na Casa do Concello.

Rematan as obras de derribo dunhas casas en ruinas na Rúa Diputación

Logo das queixas dos veciños da zona do estado en ruinas  dunhas casas, nun caleixón da Rúa Diputación,  e tras as xestións feitas polo equipo de goberno cos propietarios, no día de hoxe remataron as obras do derribo.

O estado ruinoso das casas supoñía non soamente un perigo de caida de escombros senón que  tamén provocaba a falta de salubridade na zona (silvas e maleza así como todo tipo de bichos como lagartos, ratas, serpes, etc)

Aproveitando a ocasión operarios de obras do concello colocaron esta mañán un tubo de drenaxe e acondicionaron o lugar con gravilla para recoller as augas que se acumulaban na zona.

Este equipo de goberno quere agradecer  ós veciños afectados a súa comprensión así  como ós propietarios a súa colaboración.

Estado da zona antes das obras:

 

Estado da zona despois das obras: