Ludoteca de Verán 2012 no Concello de Pontecesures.

Nos meses de xullo e agosto o Concello de Pontecesures vai a poñer en marcha un programa de actividades para nenos/as de 4 ata 12 anos baixo a denominación LUDOTECA DE VERÁN 2012. Nesta ludoteca realizaranse diferentes e variadas actividades como obradoiros de inglés, horta ecolóxica, iniciación ao baloncesto, etc.

A ludoteca levaráse a cabo de luns a venres de 9.00 ata as 14.00 horas no local anexo ao Pavillón Polideportivo (Infesta). O inicio das actividades está previsto para o luns 25 de xuño.

Mais información, prezos e inscricións nas Oficinas Centrais do Concello. O número de  prazas é limitado a 30 tendo en conta a orde de entrega.

 

Aberto o prazo de matrícula na Gardería Municipal.

O prazo de matrícula na Escola Infantil Municipal está aberto do 1 ao 15 de xuño

Na web do  Concello www.pontecesures.org poden descargarse os formularios da matrícula.

O día 1 de xuño abriu o prazo de Matrícula para o Curso 2012/2013 que comezará o 3 de setembro que deberán formalizar tanto os alumnos e alumnas da EIM coma os de novo ingreso. Durante este período tamén poderán formularse novas solicitudes de praza ata cubrir as 10 vacantes dispoñibles.

Os alumnos e alumnas da EIM ademais do formulario deberá presentar as Declaracións do IRPF 2011 e un Certificado de Convivencia actual ademais da documentación acreditativa de variacións se as houber (separación/divorcio, nacemento de novos fillos, cambio de enderezo, etc).

No caso das e dos novos alumnos ademais do formulario deberá presentar as Declaracións do IRPF 2011, a tarxeta sanitaria do/a neno/a, un Informe médico, o Libro de saúde infantil, seis (6) fotografías tamaño carné, o impreso de domiciliación bancaria e a autorización para recoller ao neno/a na EIM, e o xustificante bancario de ter abonado o importe da matrícula (20?).

Para máis información  e presentar a documentación poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas (tel. 986564409)

 

O punto de información dixital que nunca existíu.

No pleno do pasado luns 28 de maio, o goberno municipal de Pontecesures informou sobre a situación do Punto de Información Multimedia (PIM) ubicado no lugar de Infesta. Os sete postes informativos ubicados en outros tantos concellos da comarca foron financiados pola xa desaparecida Asociación para o Desenvolvemento Rural dos vales do Ulla e Umia (ADR), e costaron 39.060 euros (5.580 euros cada un) no ano 2007.

Pois ben, a diferenza dos demais concellos da comarca, o PIM de Pontecesures nunca chegou a funcionar; e non podía facelo porque o ordenador do seu interior nunca se instalou, é o que é máis grave, non é posible atopalo. Ese era o modelo de xestión do goberno anterior, un despropósito de derroche e abandono dos medios económicos e materiais postos a súa disposición.