O Concello de Pontecesures presentou diante da Consellería de Traballo e Benestar o Proxecto anual dos Servizos Sociais Comunitarios cun orzamento total de 277.506,66 �.

Pontecesures solicítalle  89.279,68� á Consellería e mantén o gasto social

A Consellería comunicou ao Concello que en 2012 só prorroga o financiamento da praza de traballadora social no concepto de persoal e do correspondente á Axuda no Fogar para Dependentes  por ter menos de 20.000 habitantes.

A Programación Anual dos Servizos Sociais Comunitarios presentada para o seu financiamento ten un orzamento total, incluídas outras achegas autonómicas, de 277.993,66� e inclúe, segundo o disposto nos artigos 9 e 26 do Decreto 99/2012 os seguintes programas e servizos básicos e específicos:

A) Básicos:

a) Programa de valoración, orientación e información (sen custe específico)

b) Servizo de axuda no fogar (SAF)nas modalidades de Prestación Básica (Libre Concorrencia) e Atención á Dependencia (42.506,00�)

c) Programa básico de inserción social:

– Campamentos de verán para menores (272,00â?¬)

– Axudas municipais de emerxencia social (3.000,00â?¬)

d) Programa de fomento da cooperación e solidariedade social:

– Programa de Alimentos en cooperación coa Fundación Amigos de Galicia e a Cruz Vermella Pontevedra (1.500,00â?¬)

– Acollemento familiar de menores saharauís en colaboración coa asociación Solidariedade co Pobo Saharauí (1.780,00â?¬)

– Cooperación ao Desenvolvemento a través do Fondo Galego de Cooperación (375,00â?¬)

En canto á prestación básica do Servizo de educación e apoio familiar, inclúese, xa que o  mesmo se prestou durante o primeiro trimestre do ano (3.236,40�)

B) Específicos:

a) De atención da primeira infancia en centros e instalacións que posibiliten a conciliación da vida laboral e familiar:

Escola Infantil Municipal 0 a 3 (163.000,00â?¬)

b) De xestión de programas enfocados á prevención e á atención de persoas en risco de exclusión:

Proxecto de educación básica de persoas adultas (17.700,00�)

c) De atención de persoas maiores en equipamentos e servizos que faciliten a súa socia­lización activa, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal:

Proxecto de termalismo Lúdico (1.342,00�)

d) De asesoramento, atención e orientación prestada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade:

Proxecto de promoción da Igualdade de Oportunidades ente Mulleres e Homes e Prevención da violencia de xénero (11.600,00�)

Así mesmo a Programación inclúe os conceptos de Mantemento e  Traballadora Social (Persoal).

Pontecesures solicita financiamento polo importe de 89.279,68â?¬, co seguinte detalle:

– Persoal: 16.639,88â?¬

– Mantemento: 200,00â?¬

– Axuda no fogar:

o Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 8.800,00�

o Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 22.639,80â?¬

– Xestión de programas: 41.000,00â?¬

 

O Concello de Pontecesures entrega 363 kg. de roupa e calzado á Fundación Amigos de Galicia.

O Concello de Pontecesures entregou a Fundación Amigos de Galicia 363 quilos de roupa e calzado.

A Fundación Amigos de Galicia, tratando de dar cobertura ás necesidades básicas das persoas no eido da alimentación, vestimenta e calzado, produtos de hixiene, material escolar, xoguetes en Nadal� así como aportacións económicas para pagos de débedas puntuais de luz, auga, gas� conta cunha lavandería industrial dende 2009, na que recepciona, lava e prancha a roupa que posteriormente vai a ser distribuída entre as persoas que así o precisen,  principalmente naquelas familias con menores o seu cargo.

Neste eido, A Fundación Amigos de Galicia está a contar coa colaboración do Concello de Pontecesures na recollida de roupa usada, que tras un proceso de reciclaxe na lavandería da entidade, pasa a ser distribuída entre as persoas que así o precisan, principalmente aquelas familias con residencia no concello ou concellos limítrofes.

Así, o concello de Pontecesures xa fixo entrega de 363 quilos de roupa e calzado que poderán dar resposta ás demandas de moitas persoas con carencia de recursos. Asemade, se informa de que aquelas familias que queiran colaborar en dita campaña, poden deixar a roupa usada no concello de Pontecesures, en horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a venres.

Por último,  informar de que Fundación Amigos de Galicia está atendendo na actualidade a 19.909 personas en todo Galicia, -deles 11.306 menores- que doutro xeito non poderían ver satisfeitas as súas necesidades máis básicas. Son 20 as familias cesureñas ás que de modo mensual reciben a axuda da entidade, en coordinación cos servizos sociais do concello.

 

Melloras no parque infantil do peirao de Pontecesures.

Nesta semana realizaronse distinta actuacións no parque do peirao de Pontecesures.

Destacan as seguintes:

-Retirada do areeiro existente por un problema de salubridade. Obra demandada polos usuarios deste parque.

-Cambio na porta  de acceso ao parque. Xa que supoñía un problema de seguridade para os cativos/as que alí xogan. Esta porta estaba moi perto da calzada polo que se cambiou e se abriu para o outro lado que da cara a piscina.

-Ampliación das zonas de xogo engadindo dous novos xoguetes para o divertimento dos nosos cativos/as.