Actividade de animación á lectura na Biblioteca Municipal.

Mañá mércores 25 de abril, ás 17 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures,  levarase a cabo a actividade de animación á lectura ??HIP-HOP / Poema pop? con Juan Carlos Vázquez Otero,  destinada ao alumnado de 3º e  4º  de E.S.O. do CPI Pontecesures. ??HIP-HOP / Poema Pop? é un obradoiro de creatividade en torno á música, pintura e poesía.

Esta actividade, realizada con motivo do programa ??Abril, mes dos libros? , enmárcase no programa Letras Vivas, subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Traballos semanais realizados pola brigada de obras do Concello de Pontecesures.

Nesta semana a brigada de obras do Concello realizou as seguintes tarefas:

1) Limpeza e desbroce na zona do peirao,  no caleixón paralelo á rúa Patifas, na rúa Víctor García, na rúa Agro do Muíño,  nos xardíns da E.D.A.R.,  no parque infantil Vicente Moure e na senda verde de acceso ó colexio entre o paso elevado e o «Miradoiro do Pino Manso».

2) Colocación dunha caixa de contadores no depósito de bombeo da Barca.

3) Recollida do palco prestado ó Concello de Padrón con motivo do concerto benéfico en favor de Paula.

4) Reparación das avarías de augas na rúa Redondo e na rúa do Campo.

5) Colocación de plaqueta e azulexos, construción e encintado dun tabique no comedor escolar.

6) Descobrir e conectar tuberías para conexión de auga sanitaria e construción de arquetas na zona da Tarroeira.

7) Pintado das varandas do pavillón polideportivo.

Actividade de animación á lectura na Biblioteca Municipal de Pontecesures.

O vindeiro luns 23 de abril, ás 12 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures,  levarase a cabo a actividade de animación á lectura ??INTRES? con Olga Abad Prieto, destinada ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria do CPI Pontecesures.

Esta actividade, realizada con motivo do programa ??Abril, mes dos libros? , enmárcase no programa Letras Vivas Animación, subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.