Nova presentación de fotografías de O FAIADO DA MEMORIA.

O vindeiro sábado 24 de marzo O FAIADO DA MEMORIA fará unha nova presentación de fotografías. Expoñerá as fotografías que a xente foi prestando dende a última presentación. Trataráse de facer unha exposición interactiva onde os asistentes axudarán a identificar nas fotografías os lugares, datas e persoas.

No Centro Social ás 18.30 horas.

No seguine enlace pódese ver a sección da web de O FAIADO DA MEMORIA adicada a Pontecesures:

http://www.blogoteca.com/memoriapontecesures/

 

 

Avance das obras da nova calefacción do CPI Pontecesures

Este luns desprazáronse ao colexio de Pontecesures o xefe da unidade técnica da delegación de Educación da Xunta en Pontevedra e un representante da empresa que se vai facer cargo das obras. Ambos explicáronlle ao concelleiro de Educación, Roque Araújo, e a directora do centro, Begoña Regueira, os pormenores da obra, así como a data de inicio, prevista para o 26 de marzo. 

Asemesmo, ambos técnicos comentaron que se trataría de acometer as obras no periodo vacacional de Semana Santa, e nos días laborais seguintes , en horario non lectivo, para non entorpecer a activiade diario do centro.