Novo alumeado

 

Dende o día de hoxe queda operativo o novo alumeado nas rúas San Lázaro, Otero Acevedo e Patifas. Ademais dos puntos de luz que contemplaba o proxecto inicial acordouse coa empresa adxudicataria, SETGA,  colocar dous puntos máis na rúa Carlos Maside. O vindeiro luns procederase á retirada das luminarias e ó cableado vello.

Este grupo de goberno quere agradecer as facilidades mostradas pola empresa adxudicataria para facer os cambios requeridos polo equipo de goberno tra-las suxerencias dos veciños da zona.

Asemesmo queremos decirlle ó Sr Sabariz que este grupo de goberno non actúa «a golpe de cornetín»,  nin da oposición nin de ninguén. Este grupo de goberno o que sí fai e fará é ter sempre en consideración as suxerencias dos veciños. Gobernar significa tomar decisións, pero sempre tendo en conta as opinións dos veciños e non ás costas deles. Iso é o que facía o grupo de goberno na anterior lexislatura, cando nin tan sequera falaba cos veciños á hora de acometer as obras (alumeado da rúa central, aceras no centro do pobo, etc).

E se non lembramos mal o «flamante» concelleiro de infraestructuras era o Sr Sabariz.

 

 

Pleno extraordinario do 29/12/2011

Ás 13:30 horas na Casa do Concello levouse a cabo un pleno extraordinario para a aprobación das actas anteriores e a aprobación da ordenanza  de regulación dos prezos públicos por servizos ou actividades promovidos polo Concello nas áreas de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais.

A aprobación desta ordenanza, que establece os prezos públicos en materia de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais, era unha prioridade do equipo de goberno, pola súa utilidade como ferramenta de xestión deste tipo de servizos. Tamén responde a petición dos usuarios e monitores das actividades deportivas, que reclamaban a posta en marcha desta ordenanza, para manter un número estable de usuarios.

Entrega de Xoguetes á Fundación Amigos de Galicia.

No día de hoxe procedeuse, no Concello de Pontecesures, á entrega de xoguetes á FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA. Despois de que no mes de novembro se puxera en marcha a campaña  de recollida solidaria  ??ALONGA A VIDA DOS TEUS XOGUETES? para que os nenos/as das familias con menos recursos tamén tiverán os seus agasallos no día de Reis.

Entregáronse arredor de 500 xoguetes que a FUNDACI?N se encargará de distribuir.



Programa de termalismo social IMSERSO 2012 en Pontecesures.

Este programa está dirixido a pensionistas da seguridade social, de xubilación ou invalidez, e de viudedade ou outras pensións co requisito de ter 60 anos cumpridos. Hai que valerse por un mesmo e non padecer alteración do comportamento, nin enfermedade infecto contaxiosa.

Os prazos son:

  • ata o 16 de xaneiro de 2012 para os turnos de febreiro a agosto.
  • ata o 16 de maio de 2012 para os turnos de setembro a decembro.

As persoas que, reunindo os requisitos, presentaron solicitude a tempada pasada van recibir os impresos no seu domicilio para o trámite simplificado e renovar a súa solicitude.

Para máis Información poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.