O programa decano das orquestras de Galicia, PALCO DE ESTRELAS,cumple 9 anos consecutivos sen descansar en Radio Valga 107.9 FM

Tal dia coma hoxe de fai 9 anos, un 13 de xullo do 2005, comezaba Palco de Estrelas en Radio Valga unhas das miñas maiores ilusións daquel momento e que xa levaba tempo matinando na miña cabeza. Recordo que a algúns cando lle comentaba a idea de facer un programa que so fora de orquestras dáballe a risa…naqueles tempos falar de orquestras nos medios de comunicación galego era algo anecdótico,e hoxe xa vedes a evolución que houbo a pesar do moito que aínda queda por facer. Quero agradecer a tódolos ointes, casas comerciais, orquestras,dúos,trios,charangas, webs festeiras, comisións de festas, concellos,axencias de espectáculos que durante todos estes fixeron posible que coa súa colaboración ou participación formaron ou seguen formando parte deste programa que fago con moito gusto tódolos xoves.E como non agradecer a confianza despositada en min polo director da emisora Héctor Bermudez e así coma polo concello de Valga coma fundador desta estación. Sinceiramente cando empecei co programa nunca pensei que ia botar nin tan sequera máis de 4 meses…..e xa van 9 anos e agora comezando a 10 temporada consecutiva, porque dende que empezou o programa tódalas semanas ata hoxe houbo sempre programa en directo, salvo 2 veces o ano pasado debido a unhas complicacións técnicas alleas a nosa emisora. En todo caso non coñezo ningun programa de radio ou de televisión en España no que un mesmo presentador fixera un mesmo programa durante tantos en anos en directo e sen interrupcións…..nin Luar. A todos e todas moitas gracias por aturarme estes 9 anos,e agardo poder seguir algo máis con todos vos. Un saúdo de Daniel Seijas Llerena, dende as terras de Redondo.estadistica radiosbr top 20 6-6-2014
(O programa habitualmente é un dos máis escoitados do Mundo en internet na prestixiosa web radios.com.br entre máis de 18.000 emisoras de radio)
radiosbr estadistica españa

HOXE XOVES PALCO DE ESTRELAS, A PIQUES DE CUMPRIR 9 ANOS SEGUIDOS NA ANTENA DE RADIO VALGA, CONTARÁ COA PRESENCIA DO GRUPO TRIUNFO

Triunfo afiche
Hoxe xoves 10, día de San Cristovo, unha semana máis, dende as 19.30 h (horario de verán) e ata as 4 ou 5 da madrugada, con todos vos o programa decano, e único de toda Galicia, das orquestras de Galicia, Palco de Estrelas-Radio Valga 107.9 FM de Daniel Seijas, e que o vindeiro domingo 13 de xullo fará 9 anos seguidos sen parar (nin vacacións) en antena. Estarán coma convidados en directo os cantantes(Yuru,Marcelo e Bruno) do GRUPO TRIUNFO de Pontevedra e poderedes falar con eles ó vivo no 986 55 97 36…..e coma sempre concursos,chamadas dos ointes, axenda festeira e moito máis….
Podese escoitar tamén por internet dos seguintes xeitos, sendo o programa máis escoitado, con rexistro público, por internet en Galicia e España na súa franxa horaria.

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net/

ou no teu móbil descargada algunha destas 4 app´s : radios.net , tunein ou radiovalga ou radio.es

Hoxe xoves estará a orquestra COMPOSTELA en PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

Hoxe xoves 22 de maio, día de santa Rita, non te perdas o programa decano das orquestras en Galicia PALCO DE ESTRELAS-Radio Valga 107.9 FM con Daniel Seijas Llerena, que contará en directo coa presencia de parte dos integrantes da ORQUESTRA INTERNACIONAL COMPOSTELA ( a orquestra galega que máis viaxou e que máis discos vendeu da historia de Galicia), para presentar o seu disco «A Santiago» con motivo do seu 95 ANIVERSARIO.Tamén poderás falar cos seus integrantes en directo no 986 55 97 36.
Onte mércores esta orquestra presentou nunha emotiva gala, no Teatro Principal de Santiago, o seu disco.
O horario de Palco de Estrelas coma sempre dende ás 20 horas ata as 4 ou 5h da madrugada.

Escoitanos tamén por internet dos seguintes xeitos :

http://www.raddios.com/4322-radio-valga
http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargada algunha destas 3 app : radios.net , tunein ou radio.es

COMPOSTELA 95 ANIVERSARIO

Hoxe RADIO VALGA 107.9 FM está de aniversario, cumplimos 15 anos

Tal día coma o hoxe, un sábado 15 de maio de 1999, día de San Cidre, comezaban en probas a súas emisóns a emisora muncipal Radio Valga 107.9 FM. Moitas gracias a tódolos ointes e casas comerciais que confiaron en nos durantes todos estes anos.
– Deixavos aquí unhas ligazóns que recordan ese día :
/2009/05/31/aqui-radio-valga-cumprimos-dez-anos/

/2009/06/07/aqui-radio-valga-cumprimos-dez-anos-ii-parte/

Escoitanos tamén por internet dos seguintes xeitos :

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.radiovalga.net/

ou no teu móbil descargada algunha destas 3 app : tunein , radios.net ou radio.es

Hoxe xoves 10 de abril a orquestra MARBELLA estará no programa PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

Este xoves 10 de abril (dende as 20 horas ata as 4 ou 5 da madrugada) no programa decano das orquestras de Galicia, Palco de Estrelas con Daniel Seijas, contará en directo , nos estudios centrais de Radio Valga, con algúns dos compoñentes da afamada orquestra pontevedresa Marbella. Os ointes poderán falar con eles en directo a traves do fio telefónico. Tamén falarase con Felix Cabodevila, o xerente de Lugo Norte, para saber máis da organización de Exporverbena, evento que converterá a Lugo, o venres 11 e sabado 12 de abril , na capital mundial das orquestras cunha impresionante maratón de orquestras no Pazo de Congresos e Exposicións,con entrada de balde.
Ademais haberá coma sempre, concursos, información festeira, os santiños, Historia, chamadas en directo e a mellor musica de orquestras.
Tamén recordamos que para a semana que ven,dado que o xoves é festivo e o mercores hai final da Copa do Rei,o programa Palco de Estrelas adiantarase ó martes 15 de abril,no horario de sempre.

Escoita a emisora tamén por internet dos seguintes xeitos :

http://www.raddios.com/4322-radio-valga
http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargada algunha destas 3 app : tunein , radios.net ou radio.es

marbella 2014