Presentación da candidatura socialista de Valga

O vindeiro sábado 26 de marzo ás 20.00 horas, terá lugar a presentación da candidata socialista Carmen Coto á alcaldía do Concello de Valga. O acto celebrarase na Casa da Cultura de Paredes e Carmen Coto estará acompañada por Carmen Cajide, Secretaria Provincial de Igualdade, e o deputado autonómico Guillermo Meijón, así como doutros integrantes da candidatura do PSdG-PSOE.

Os socialistas de Pontecesures organizan unha charla para conmemorar o Día da Muller Traballadora

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Pontecesures organiza unha charla-coloquio para conmemorar o Día da Muller Traballadora, o vindeiro venres día 11 ás 20,30 horas na súa sede da rúa Travesía da Bandeira.
Na mesma, intervirán Carmen Cajide, deputada autonómica e secretaria provincial de igualdade do PSdeG-PSOE e Victoria Hierro, concelleira de Igualdade e Política Social de Vilagarcía de Arousa. Por outra banda, o candidato socialista á alcaldía, Roque Aráujo, presentará as súas propostas en materia de conciliación e corresponsabilidade para o Concello.

Convocatoria pública para a elección do Xuíz de Paz de Pontecesures

En cumprimento do disposto no artigo 101 e concordantes da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo do Poder Xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de Xuíz de Paz titular deste municipio, de acordo coas seguintes bases:
1º. Obxecto: Elixir o Xuíz de Paz titular do Concello de Pontecesures por un período de catro anos.
2º. Requisitos dos aspirantes: Para poder participar na elección requírese ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas nos artigos 303 e 389 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
3º. Prazo de solicitudes: 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
4º. Documentación: Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:
? Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do D.N.I.
? Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2 punto 1 da Lei 68/80 referente a ??si se encontra inculpado ou procesado?.
? Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
Pontecesures, 23 de xuño de 2010.