Contratación de 3 postos de traballo dos Programas de cooperación 2013

A Consellería de Traballo, a través dos Programas de ??Cooperación? 2013, ven de conceder unha subvención por importe de 27.249,48 ? ao Concello de Pontecesures para a contratación de 3 persoas desempregadas.

En concreto, os postos concedidos son os de 2 auxiliares de xardinería, cunha duración de 4 ½ meses de contrato, e unha xornada a tempo parcial de 5 h. ½ horas de traballo diario. Realizarán labores de limpeza de camiños, xardíns e regatos municipais.

O outro posto concedido é o de Técnico de Protección Civil, para realizar labores de reforzo da seguridade no concello, tendo especial conta da Ruta portuguesa do Camiño de Santiago e da Ruta Fluvial. Tamén ten unha xornada de 5 ½ h, e unha duración de 12 meses.

A selección dos candidatos será a través do INEM, e iniciarase nos vindeiros días, para o cal aquelas persoas interesadas deberán figurar anotados para estes postos nas súas bases de datos. Os códigos das ocupacións son, o CNO: 95121019 no caso dos auxiliares de xardiñeria; e o 59991036 no caso do técnico de protección civil. A data de inicio dos contratos é do 15/10/2013 como data tope.