Promoción da Praza de Abastos de Pontecesures. Campaña PRESUME DE PRACEIRO/RA.

cartel praza 2013

A Praza de Abastos de Pontecesures súmase a  campaña  «Presume de praceiro/a» organizada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta.  Esta é unha iniciativa de promoción de este espazo público dirixida, tanto á clientela, como aos profesionais dos postos. Esta campaña, que comezou o 18 de marzo e remata o 3 de maio, busca poñer en valor a profesionalidade e o bo facer dos profesionais que traballan no nosos mercados.

PRACEIRO 2013

Nesta nova edición, destínanse 300 euros en vales de compra en sendos sorteos. Os clientes poderán votar ao que consideren mellor vendedor da Praza de Abastos, que será distinguido nun acto da consellería xunto ao resto dos finalistas doutras prazas de Galicia. Entre os votos emitidos polos clientes, realizaranse dous sorteos, un o 12 de abril e outro o 3 de maio. En ámbolos dous sacaranse tres boletos que resultarán premiados con vales de compra canxeables na propia praza de Abastos de Pontecesures por valor de 75, 50 e 25 euros respectivamente.

La empresa que gestiona la guardería invita a la corporación a la plantación de árboles por parte de los alumnos.

Como en otros años la Escuela Infantil de Pontecesures participa en el programa «Voz Natura» y así el sábado 23 de marzo, a las 11:00 horas, los alumnos de dicha escuela plantarán árboles en el «Mirador do Galiñeiro» situado en el monte municipal de Pontecesures. La empresa Cativos, a través de la dirección de la guardería, invita a todos los miembros de la corporación a este acto de defensa del medio ambiente.

O xoves 21 de marzo, sesión da Comisión de Asuntos Xerais de Pontecesures.

Será ás 13:30 horas, coa seguinte Orde do Día:

1. Acta anterior.
2. Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da xestión do servizo público da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.
3. Adhesión do Concello de Pontecesures ao convenio para a creación de Fondos Sociais de Vivendas.
4. Adhesión do monte municipal de U.P. no sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia.
5. Moción do grupo de goberno sobre a declaración deste concello como localidade solidaria co Alzheimer.

Estes asuntos, serán incluidos, probablemente, na Orde do Día do pleno ordinario que se celebrará o 25 de marzo.

O xoves 21 de marzo, sesión da Comisión Informativa de Obras e Urbanismo de Pontecesures.

Será ás 13:15 horas coa seguinte Orde do Dia:

1. Acta anterior.
2. Licenzas de particulares.
3. Estudio de detalle por reaxustes da aliñación de volumes no ámbito coincidente coa única unidade de planeamento incorporado (UPI) do PXOM.

Este último punto co ditame da comisión, vai ser incluído, previsiblemente na Orde do Día do pleno ordinario que terá lugar o luns 25 de marzo.