Proba da Volta a Galicia de BTT en Pontecesures, Valga e Cuntis.

PROGRAMA VOLTA A GALICIA BTT. (8 e 9/setembro/2012)

08/setembro/2012

09:00 Retirada de dorsales y transponders. Pabellón de Deportes de Beiro (Cordeiro-Valga).
11:00 Etapa prólogo. Valga (CRI 5 km).
16:15 Control de firmas. Casa do Concello de Valga.
17:00 Etapa 1. Valga (40 km).
19:30 Entrega de trofeos.

09/setembro/2012

09:15 Control de firmas. Pabellón de Deportes de Cuntis.
10:00 Etapa 2. Cuntis (47 km).
13:30 Entrega de trofeos.

 

Ruta «Desembocadura Sar-Ulla» ,do Programa Goza do Ulla, en Padrón.

Ruta que discorre por diversos lugares de Padrón, percorre tramos do río Ulla e a súa confluencia co río Sar.

Esta ruta está programada para o sábado 8 de setembro dentro do Programa GOZA DO ULLA que inclue outras rutas por concellos que están bañados polo río Ulla.

A duración estimada desta ruta é de 3 horas. Inscricións para o 8 de setembro no teléfono 981 881 329 ou no mail  deportespadron@yahoo.es

Lugar e horario de saída: No Centro Social de Padrón ás 10.00 horas.

Información completa do Programa GOZA DO ULLA con tódalas rutas neste enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382

 

 

Problemas para circular pola rúa Cantillo de San Xulián.

Ás marxes da rúa Cantillo, preto do Camiño Portugués da Ruta Xacobea, teñen unha maleza tan crecida que dificultan o paso de vehículos e peóns. Hai queixas non só dos veciños do lugar de San Xuliián de Pontecesures, senón tamén dos de Cortiñas (Padrón) xa que é a pista máis utilizada para acceder a dito lugar do municipio limítrofe.

Prégase así ao goberno local que se acometa un labor de limpeza con toda urxencia das marxes desta pista que ten un tráfico considerable.

Pontecesures, 04/09/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concellediro da ACP de Pontecesures

A Deputación vai contratar seis operarios para traballar no Concello de Pontecesures.

De novo a Deputación de Pontevedra vai contratar persoal desempregado para os concellos. Nesta ocasión serán seis operarios de servizos para traballar en Pontecesures por seis meses a partir do vindeiro día 1 de outubro con contrato a tempo parcial por 25 horas semanais.
Lémbrase que a selección do persoal e a contratación correspóndelle a Deputación e para iso dende a oficina de emprego de Vilagarcía vai ser remitida ao organismo provincial unha lista de desempregados preseleccionados (inflúe antigüidade no paro, ocupacións, etc..) logo de presentarse a oferta de emprego.
Ao parecer, a mediados deste mes terá lugar a entrevista en Pontevedra por parte da Deputación aos preseleccionados para decidir os seis que se contratan.
Os interesados deben contrastar e actualizar con celeridade, no seu caso, os seus datos na oficina de emprego de Vilagarcía.