No seguinte enlace podense descargar as bases deste concurso.
http://www.fondogalego.org/web/imaxes_con_fondo
No seguinte enlace podense descargar as bases deste concurso.
http://www.fondogalego.org/web/imaxes_con_fondo
Convócase a tódolos veciños e veciñas de Pontecesures interesados/as en colaborar na organización das FESTAS DO CARME 2012 para anotarse nas oficinas municipais ou no télefono do concello 986 557 125. O prazo para anotarse é ata o 27 de abril, posteriormente no mes de maio convocaráse a tódolos anotados/as para unha xuntanza na que se tratará a organización destas festas.
O vindeiro mércores 11 de abril, ás 12 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures, levarase a cabo a actividade de animación á lectura ??Kontos de akí e de akolá? con Marisa Irimia, destinada ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Infantil do CPI Pontecesures.
Esta actividade, realizada con motivo do programa ??Abril, mes dos libros? , enmárcase no programa Letras Vivas Animación, subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Os cursos de Educación de persoas adultas que organiza o Concello de Pontecesures desde o ano 1995 contan cun elevado número de participantes e cun moi elevado índice de aprobados. A avaliación do proxecto presentado polo Concello na actual convocatoria obtivo 87 puntos -figurando no nº 13 das 51 propostas- o que lle outorga a subvención máxima establecida na convocatoria, 6.000?. O actual curso 2011/2012 iniciouse con 27 alumnos e alumnas, a maioría do noso Concello, o pasado mes de setembro, asumindo o Concello os custos deste primeiro cuadrimestre, cuxa realización permite que o alumnado de Pontecesures obteña tan bos resultados nas probas (a media de aprobados dos últimos anos é dun 80% entre os alumnos propostos para as probas oficiais) xunto coa calidade profesional e dedicación da mestra que imparte as clases.
A Actividade formativa dirixida ás persoas adultas para a preparación das probas de obtención do título de graduado en Educación Secundaria mediante a presentación ás probas extraordinarias que convoca anualmente a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa mediante a matriculación do alumnado na modalidade a distancia da Educación Secundaria de persoas Adultas realízase en coordinación co centro de Educación Permanente de Adultos de Pontevedra.
O Concelleiro delegado da área e Alcalde en funcións Roque Araujo quixo, así mesmo desexar sorte aos alumnos e alumnas que na vindeira semana concorren ás probas oficiais, e lembrou a importancia e interese desta actividade que permite acadar a titulación educativa básica, imprescindible para a inserción laboral, a aqueles veciños e veciñas que, por diversos motivos carecen da mesma.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
RESERVA DE PRAZAS CURSO 2012/2013
Informase aos veciños e veciñas que o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal ??Gardería- para a reserva de praza dos alumnos/as e a solicitude de novas prazas de cara ao vindeiro curso escolar 2012/2013 ??a partir de setembro- estará aberto do 2 ao 16 de abril,
A EIM ten un horario de 8 da mañá a 8 da tarde de luns a venres, tódolos meses do ano, está situada na Rúa Avelino Pousa Antelo, en fronte do CPI ??Infesta? e conta cunhas modernas instalacións e equipamentos, e o seu persoal proporciona aos nenos e nenas que acoden a ela as atencións e coidados necesarios para promover o seu desenvolvemento harmónico e integral. Conta co Servizo de Comedor, no que os nenos e nenas teñen ao seu dispor unha dieta san e equilibrada, axeitada a cada idade.
Para acceder á EIM é requisito que os nenos/as teñan entre 3 meses e 3 anos de idade e que abonen as taxas que lles correspondan, tendo preferencia os e as domiciliados en Pontecesures.
As solicitudes de reserva de praza para nenos e nenas que xa acoden á EIM presentaranse directamente na Escola Infantil Municipal (Tel. 986557623).
Para máis Información e presentación de solicitudes de preinscrición para alumnos/as novos/as poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.
Premendo no seguinte enlace podense descargar os formularios de reserva de praza (nenos/as que xa acoden á EIM) e o de preinscrición (novas prazas):