Mañá mércores, ás 12 do mediodia, no salón de plenos do concello farase o reconto entre todas as papeletas concursantes para coñecer o nome das tapas gañadoras desta edición, e distinguir posteriormente ós establecementos que as elaboraron.
Tamén nese mesmo acto faremos o sorteo dunha cesta entre todas aquelas persoas que depositaran as suas papeletas nas caixas existentes nos bares participantes no concurso.
Recalcar que este acto é público, polo que se invita á veciñanza a pasarse polo mesmo.