A partir das 23 horas do venres día 9 de marzo, terá lugar na Discoteca Maty de Pontecesures a «2ª Festa dos anos 80» con entrada gratuita. Está organizada por un grupo de persoas de Padrón que eran asiduos á citada discoteca neses anos. A primeira festa tivo lugar en outono pasado e foi un éxito espectacular con gran ambiente ata altas horas da madrugada. Faise un chamamento ás persoas maiores de 30 anos para que asistan a esta festa para rememorar os vellos tempos. A festa terá lugar nas instalacións da nova Maty pois as antigas do edificio de dúas andares está adicado na actualidade a almacén.
Estanse a prodigar estas iniciativas na comarca, xa que hoxe día 3 a partir das 23 horas haberá, tamén con entrada gratuita, una Festa dos anos 60-70 no Casino de Padrón. «Pinchará» discos daquelas décadas, Héctor Bermúdez o popular locutor de Radio Valga.