El modelo del CRA de Valga triunfa y las escuelas rurales vuelven a ganar alumnado.

El conjunto de unitarias roza ya las 90 plazas ocupadas

El Centro Rural Agrupado de Valga inicia este lunes el curso con un nuevo aumento de matrícula. Lejos de la situación en la que se encuentran otros CRA, el de esta localidad del Baixo Ulla ha vuelto a ver crecer el número de inscripciones: hay 89 estudiantes, frente a 84 el curso pasado. De esas matrículas, 25 se corresponden con nuevas incorporaciones.

El CEA de Valga tiene sedes en Chenlo, Xanza, Vilarello, Ferreirós, Forno y Campaña. «En catro das seis escolas rozamos a ratio máxima que é de vinte alumnos», indica la nueva directora del centro, Antía Piñeiro. Se confirma, pues, que «gozamos de moi boa saúde, e é unha sorte porque non abunda nestes tempos nas escolas rurais, xa que a maioría están pelexando por manter a cifra de seis nenos para non pechar».

A las aulas de Valga, que se ha convertido en modelo de innovación educativa para escuelas rurales de toda España, llegan estudiantes procedentes de ayuntamientos como Santiago, Catoira, Padrón, Meis, Cuntis, Caldas, Pontecesures o Rois, «entre outros». Su método de trabajo, basado en proyectos, ambientes de aprendizaje y una enseñanza personalizada e individualizada, convence a las familias.

La Voz de Galicia

Os partidos do torneo de baloncesto 3×3 estanse a xogar no pavillón de Pontecesures.

Por mor da choiva, os partidos deste torneo organizado polo C.B. Río Ulla e que se celebran durante todo o día de hoxe, estanse a xogar no pavillón de Pontecesures.

A «estreleira» aparece na Casa do Concello de Pontecesures.

Homenaxe a Nerea Novo e Candela Romero na Casa do Concello.

Hoxe homenaxeamos ás campioas Nerea Novo e Candela Romero polos seus éxitos no Campionato do Mundo de Maratón en Dinamarca. As deportistas do Náutico Pontecesures foron recibidas no salón de plenos do Concello de Pontecesures pola alcaldesa María Teresa Tocino, o primeiro tenente de alcaldesa Roque Araújo Rey, o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade Alberto Rivas De Jesús e o presidente do Náutico Pontecesures Ángel Barreiro. A alcaldesa destacou o exemplo que son as rapazas, que demostraron que con esforzo, dedicación e sacrificio pódense acadar todas as metas. Tamén agradeceu o apoio das familias e o gran traballo que está a facer o Náutico Pontecesures, que co apoio do Concello, ofrece a centos de rapaces e rapazas do municipio e doutros limítrofes unha alternativa de ocio saudable e que fomenta valores como o traballo en equipo, o esforzo e a constancia nun tempo no que estes valores non están moito de moda. Moitas grazas a todos/as por vir, e de novo parabéns a ambas!

Concello de Pontecesures

Murió «Jaje».

Vemos en primer plano a «Jaje» en una edición de la «Festa do Churro».

A los 63 años de edad, falleció el vecino de Porto, José Ángel Jamardo Doce, que estaba casado con Palmira Lafuente Llerena. El velatorio está instalado en el Tanatorio Iria Flavia de Padrón y mañana viernes, a las 11.30 horas, partirá la comitiva fúnebre hacia la Iglesia de Pontecesures donde tendrá lugar el funeral «corpore insepulto». Finalizado el acto religioso el cadáver recibirá sepultura en el Cementerio Parroquial de Santa Cristina de Campaña.

Descanse en paz.

Recibimento espectacular ás palistas Nerea Novo e Candela Romero.

A valguesa, que milita no Náutico Pontecesures, foi recibida este martes no seu Concello

Nerea Novo, flamante campioa do mundo de maratón en categoría C1 júnior, foi recibida na mañá deste martes no Concello de Valga para recibir unha homenaxe trala xesta deportiva lograda no Campionato do Mundo disputado en Dinamarca. O alcalde, José María Bello Maneiro, e os membros do grupo de goberno Carmen Gómez, Pedro Calvo e Malena Isorna, xunto ao concelleiro do BNG Francisco Devesa felicitárona en nome de toda a Corporación e, por extensión, de todos os veciños de Valga.

A canoista de Outeiro (Cordeiro) recibiu un ramo de flores e unha placa de prata coa lenda «Nerea Novo Romero, campioa do mundo júnior feminina. 31 de agosto de 2023», un día que, en palabras do alcalde, quedará para sempre coma unha data sinalada en Valga. Agradecida e orgullosa polas homenaxes e actos de recoñecemento que se lle están a facer, Nerea tamén asinou no Libro de Ouro do Concello.

Nun salón de plenos no que se deron cita familiares, veciños e traballadores municipais, a deportista sinalou: «Estou moi contenta de estar aquí, de todo o conseguido esta temporada, pero non se acaba. Na temporada seguinte, a por máis», unhas palabras que arrancaron os aplausos de todos os presentes. O alcalde fixo fincapé na importancia do acadado por Nerea: campioa de España, subcampioa de Europa e campioa do mundo. «Parece incrible con 16 anos», recalcou Bello Maneiro. «Para Valga é un orgullo e unha honra», engadiu.

O primeiro edil tamén se referiu ao «gran traballo» que hai detrás deste campionato do mundo, que «non é froito dun día, senón dun traballo continuo» e pediu unha maior atención, tanto por parte das administracións coma dos medios de comunicación, para os deportes minoritarios coma o piragüismo.

Na véspera, tanto Nerea como a súa compañeira no Náutico Pontecesures, a padronesa Candela Romero, que rematou quinta no campionato do mundo, foron homenaxeadas polos seus compañeiros de club trala súa chegada o aeroporto de Peinador. A canoista valguesa, de 16 anos de idade, xa sabe que vai facer coa medalla de ouro: «Vouna enmarcar co dorsal e ca camiseta», asegurou.

La Voz de Galicia