A padronesa Fany Dopazo gaña o casting de Santiago para optar a «miss» da provincia de A Coruña

A gala celebrouse na Discoteca Capitol de Santiago o xoves día 26 ás 19:00 horas. Resultou gañadora Estefanía Dopazo Caeiro, de 17 anos, e residente en Herbón. Agora Fany competirá coas gañadoras doutros castings para elixir á miss que representará á provincia de A Coruña na Gala de Miss España 2009.
A rapaza padronesa e filla do último titular que rexentou a cafetería Manhattan (hoxe pechada) na rúa Sagasta de Pontecesures.

Gente a la última: Bea

La artista cesureña, que pasara por una de las ediciones de Operación triunfo, acaba de superar el tercer curso de la carrera de Arte Dramático en Vigo. Son cuatro años, por lo que a Bea le queda únicamente el último. La cantante y actriz está muy contenta con la decisión que ha tomado de seguir su vocación artística y de pasar por las aulas del nuevo centro de estudios de la ciudad olívica. Pero no olvida el mundo musical, en el que empezó su carrera. Tiene dos discos grabados y muchas ideas para un tercer proyecto, que podría hacer realidad este verano.

Contraportada de EL CORREO GALLEGO, 28/06/08

2 XOGADORES DO CB. RIO ULLA FORON SELECCIONADOS PARA PARTICIPAR NO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCI?NS ZONAIS

Sergio Martinez e Jose Carlos García foron convocados e disputan no dia de hoxe os seus respectivos partidos do torneo contra outras seleccions zonais galegas. Ambos formaron parte do equipo alevín masculino do C. B. Rio Ulla.

Sergio Martinez, alevín nado en 1997 (quedalle 1 temporada mais na categoría), é fillo du dos xogadores fundadores do baloncesto en Pontecesures: Jorge Martinez ??Carroseiro? que tan boas tardes de basket deu para Pontecesures. Sergio leva camiño de igualar ou incluso superar a seu pai se segue progresando. Para poder estar na selección, onde van os 10-12 ??mellares?, acudiu a varios adestramentos nestes 2 ultimos meses, superando varias cribas e convencendo ó seleccionador finalmente para poder formar parte da selección arousana alevín masculina. 

José Carlos García, nado en 1996, xogou a sua ultima tempada na categoría alevín. Polo tanto xa participa ca selección arousana infantil, onde foi chamado a participar hai 3 semanas. Xa ten vividas mais experiencias deste tipo, pois o pasado ano acudiu ca selección alevin onde fixo un bo papel. Hai 2 semanas xa xogou a 1ª fase do campeonato galego de seleccións contra as outras 2 zonas do sur galego: Vigo e Ourense, perdendo cos vigueses e gañando ós ourensáns. Esto serviulle á selección arousana para clasificarse 2ª do sur, e disputar a final contra as 2 mellores seleccións do norte galego (son 4: Lugo, Ferrol, Coruña e Santiago). Sorte a ambos.

Estes 2 xogadores son o producto do bo traballo ca canteira do basket que está facendo seu adestrador Antonio Pedrido nestes últimos anos, coma o demostran outros xóvenes cesureños, caso de Dani Barral ou Fabian Mantenga, que salindo deste club, están actualmente nas filas de Peleteiro de Santiago, onde veñen de disputar o campeonato galego xuvenil.

O xefe da zona sur de Portos de Galicia visitou as obras do Náutico.

NOTA DA CONCELLERÍA DE RELACI?NS INSTITUCIONAIS DO CONCELLO DE PONTECESURES.

Na mañá de hoxe visitou as instalacións do edificio do Club Náutico no peirao cesureño o Enxeñeiro Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia, Mateo Ruibal Fernández que asinou xunto coa alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro o acta de recoñocemento final da obra.
Corroborouse que as obras están de acordo co proxecto e coa concesión destes terreos do peirao acordada por Portos de Galicia o 14 de setembro de 2005 (ten unha duración de 15 anos) para estes usos deportivos.
Solicitouse con motivo desta visita, que se procedera a limpeza da maleza existente nas marxes do río Ulla en todo o peirao. O Xefe da Zona Sur manifestou que se ían realizar as xestións oportunas para acometer a citada limpeza.

Pontecesures, 27 de xuño de 2008