O Concello de Pontecesures tivo dende a súa creación 15 alcaldes.

Dende o 09/10/1925 ata o 02/12/1927 José Novo Núñez.
Dende o 12/05/1928 ata o 23/02/1930 José Antonio Vázquez Rey.
Dende o 23/02/1930 ata o 05/06/1931 José Carlés Braña.
Dende o 05/06/1931 ata o 29/06/1936 Juan Jeremías Montero.
Dende o 30/10/1936 ata o 18/08/1938 Jesús Cabezas Sierra.
Dende o 11/11/1938 ata o 28/02/1940 Rafael Abalo Seoane.
Dende o 28/02/1940 ata o 08/06/1944 Luciano García García.
Dende o 26/08/1944 ata o 12/08/1953 Carlos Morales Sánchez-Guerra.
Dende o 28/09/1953 ata o 06/08/1958 José Sierra Cordo.
Dende o 06/08/1958 ata o 22/04/1961 José Loureiro Miguéns.
Dende o 22/04/1961 ata o 22/07/1970 Severino García Sierra.
Dende o 22/07/1970 ata o 17/06/1995 José Piñeiro Ares.
Dende o 17/06/1995 ata o 03/07/1999 Victoriano Trenco Romay.
Dende o 03/07/1999 ata o 16/06/2007 Manuel Luis Álvarez Angueira,
Dende o 16/06/2007 ata ———— María Isabel Castro Barreiro

O Concello quere se cumpra a legalidade en materia de ruidos no edificio do nº 10 da rúa Sagasta.

Na tarde de onte tivo lugar na Casa do Concello a reunión convocada para atopar unha solución ó problema de ruidos denunciado pola Comunidade de Veciños do edificio situado na rúa Sagasta nº 10, responsabilizando ó pub existente no baixo deste edificio.
Ademáis da presidenta dos veciños, de varios titulares de pisos no edificio, do propietario do local e da propietaria do negocio, asistiron á reunión a alcaldesa, Maribel Castro, o concelleiro do PP, Jesús Mª Rey Beiró e o non adscrito, Luis A. Sabariz Rolán.
Acordouse por todos que o vindeiro luns día 31 visitará o local o representante dunha empresa homologada en materia de contaminación acústica, e así coa presenza tanto dos titulares do negocio como dos veciños, realizaranse as comprobacións que correspondan en materia de ruidos (equipos, limitadores, insonorización, etc…), quedando ben claro que a intención do concello é que se cumpra a legalidade e conciliar o dereito a divertirse co dereito ó descanso da veciñanza.
Por outra banda, tratáronse os problemas de salubridade que presenta a galería deste edificio que une a rúa Sagasta coa rúa Estación e outros de seguridade pola existencia de frecuentes «botellóns» na mesma.

O martes dia 1, ás 18 horas, presentación da XIII edición da «Festa da Lamprea» de Pontecesures.

cartel_lamprea_08-1.jpg

*NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO*

O vindeiro martes día 1 de abril, ás 18.00 horas na Casa do Concello terá lugar a presentación da XIII edición da Festa da Lamprea de Pontecesures, que se celebrará nesta vila o domingo día 6 de abril. Anúnciase xa que o pregoeiro será o coruñés Xosé Luis Ladra Fernández, que acaba de gañar o XIII premio ??Vicente Risco? de ciencias sociais co traballo ??A pesca fluvial tradicional en Galicia. Caneiros, pescos e pesqueiras.?

A festa este ano presentará algunhas novidades e agora podemos adiantar que a ración custará 12 ? e que haberá tamén tiquets para aperitivos. O obxectivo desta última medida é que os descoñecedores do sabor deste exquisito manxar proben o peixe e se animen a saborealo na carpa do peirao.

O martes 1, ás 19 horas, rolda de prensa para presentar a «II Feira do Automóbil Antigo».

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO

O día 1, pero ás 19.00 horas será presentada no ??Restaurante Olivo? sito en Avda. de Vigo, 12,baixo de Pontecesures a ??II Edición da Feira do Automóbil Antigo?, que se celebrará tamén o día 6 de abril no peirao de Pontecesures e que está a levantar unha gran expectación. Vanse rememorar así aquelas feiras que tiveron lugar en Pontecesures nos anos 1925, 1926, 1950 e 1954. Está prevista a asistencia de numerosos afeccionados a este tipo de mercado do automóbil antigo. Este evento está organizado pola asociación cultural cesureña ??Mirándolle os Dentes? coa colaboración do Concello de Pontecesures a todos os niveis.