Nota para os pais/nais das nenas que asisten a actividade de danza da ANPA do CPI Pontecesures.

Por cuestións personais a actual monitora, Triana, non pode impartir clases perante o mes de febreiro.

Polo exposto, hoxe martes non haberá clase, pero sí os martes días 19 e 26 de febreiro cunha monitora substituta, Sonia. Hai una variación para eses dous días: A clase das pequenas será ás 18 horas e a das maiores, ás 19 horas.

En principio, o martes día 4 de marzo xa virá de novo Triana, recuperándose o horario de costume das 17 e 18 horas, respectivamente.

Préganse desculpas.

A comparsa de Antonio Pesado Romay obtivo o 3º premio do concurso de disfraces de Valga.

Esta comparsa, «A casa da palleta», que gañou o 1º premio no concurso de Pontecesures, obtivo o 3º premio no concurso de Valga, por detrás de «A Casa 1906» de Catoira, e una comparsa da Banda Municipal de Valga formada por pais dos integrantes desa formación.
Foi concedido un premio especial, como grupo do municipio de Valga, a comparsa «San Femín», integrada por persoas de Valga e de Pontecesures.

Nesta semana comezará a distribución da publicación «O camiño do mar do apóstolo»

Nesta semana serán enviados ó Concello de Pontecesures varios exemplares desta publicación creada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. � un magnífico libro en galego patrocinado pola Dirección Xeral de Turismo que (publicáronse 10.000 exemplares) que se farán chegar ós centros galegos de todo o mundo e a distintas asociacións e centros culturais.
Esta publicación é un paso máis para potenciar a Ruta Xacobea polo río Ulla.