NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES.
Na Xunta de Goberno que tivo lugar no día de hoxe, adxudicouse a ??Doselco Electricidad? a obra da ??Reforma da instalación eléctrica da Casa do Concello? por importe de 6.250 euros. A Consellería de Presidencia, Administración Pública subvenciona esta actuación con 5.000 , mentres o concello aporta 1.250 euros de fondos propios.
Esta obra eléctrica é fundamental, pois a instalación existente e moi antiga (data de principios dos anos setenta) e dende a construcción da Casa do Concello o edificio ten novas necesidades (calefacción eléctrica, novas tecnoloxías, ascensor, etc..).
Deste xeito se van sanear liñas existentes no edificio substituíndo clableado e outros elementos para evitar o que está a suceder agora, xa que cada dous por tres temos avarías, con falla de potencia, salto do automático, etc….
Pontecesures, 15 de outubro de 2007