A Directora Xeral de Comercio estivo na apertura da nova xoiería San Lois de Pontecesures.

Nava Castro, Directora Xeral de Comercio presidiu o acto e pronunciou unha verbas sobre ás axudas oficiais. Antes tomaron a palabra, Jose María Bello Maneiro, propietario do establecemento e alcalde de Valga, e a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro. Os propietarios entregaron un agasallo aos primeiros clientes que hai 32 anos mercaron na xoiería.
Asistiron á apertura. varios membros das corporacións de Valga e Pontecesures, varios empresarios da zona así como o párroco de Pontecesures para bendecir o local.
Asistiron moitas persoas convidadas ao acto e foron obsequiados con un detalle polo establecemento. Foi servido tamén un aperitivo para todos.

Rematou a actuación destes días nos semáforos de Pontecesures.

Levaban tempo os semáforos da N-550 ao seu paso por Pontecesures coas lentes gastadas e decoloridas, que incluso creaban problemas de seguridade. Nesta semana substituise este material, colocando novas lentes mellorando moito a percepción dos sinais por parte de automovilistas e péons.
A intención do goberno local era colocar luminarias de leds como aconsellou a Policía Local, para reducir o custo de mantemento e contribuir ao aforro enerxético, cun orzamento de preto de 6.000 euros, pero decideuse esperar á inminente convocatoria de axudas por parte do INEGA para solicitar unha achega do 75% do importe deste investimento.
Por outra bande, hai que dicir que foi arranxado tamén o semáforo peonil da praza de Pontevedra que resultara danado por un alustro hai uns días. Este semáforo é fundamental para o paso de peóns na praza e o seu arranxo era unha necesidade fundamental.

Manuel Castiñeiras, concejal socialista de Valga: «Carmen Coto non contou conmigo para nada».

Tras ser elegida por la militancia como candidata de Valga por el PSOE, Carmen Coto Lois avanzó esta semana novedades en los pirmeros puestos de la lista electoral. Si bien no quiso dar nombres, parece claro que uno de los cambios afectará a Manuel Castiñeiras, que concurrió como número 2 en 2007 y que ocupa un escaño en la corporación municipal.
Su paso por la política local no ha sido como se esperaba, se siente «desencantado» y los anuncios de Carmen Coto le han servido de estímulo para desvelar los motivos por los que progresivamente se ha ido desvinculando de la actividad municipal hasta el punto de no asistir a buena parte de los plenos celebrados durante esta legislatura. «Carmen Coto non contou conmigo para nada», sentencia el edil, que reside y trabaja en Vigo. «Ela debíame informar de todo e non o fixo, Non me dou oportunidade de participar en ningunha comisión, senón que é ela a que vai a todas e entérome de que hai plenos porque me avisa o Concello. Ou somos un equipo ou non». Al comienzo de la legislatura, cuando asistía a las sesiones, «chegaba, só me contaba por enriba sobre que ían os temas e para dentro, a votar o que ela me decía», afirma Castiñeiras García. «¿Como vou ir aos plenos sen información de nada?», se pregunta. «Non tiven axudas de ninguén, porquer non contou conmigo nunca. Ella se lo guisaba y ella se lo comía», reitera.
Castiñeiras indica que nadie lo informó sobre la asamblea del lunes en el Teleclub de Cordeiro para elegir al cabeza de cartel de cara a las elecciones del 22 de mayo. «Non me citou para nada», al tiempo que recuerda que en la primeras reuniones para preparar la candidatura de 2007 é iba a ser el número 1 de la lista pero «Carmen Coto dixo que se ela non era a candidata non ía na lista. A min dábama igual» por lo que accedí, afirma.
Eso sí, le pide a la portavoz socialista que «non se olvide que a maoiría dos votos conseguidos en 2007 foron grazas a min, porque a ela non a coñecía ninguén».
Manuel Castiñeiras comenta a este respecto, que «sempre estiven moi en contacto coa xuventude» del municipio, participando en asociaciones culturales, grupos de baile, teatro…Su familia, natural de Cordeiro, es además numerosa (tiene 11 hermanos) y conocida en la zona. Pero las críticas de Castiñeiras García no se limitan únicamente a Carmen Coto, sino también a la dirección del partido «a todos os niveis» puesto que «no momento de facer a lista de 2007 preocupáronse moito de vir a por min, pero despois olvidáronse e que hai que ter en conta que era a primeira vez que participaba na política municipal. Estabamos un pouco perdidos e non se preocuparon de nada». Es por eso que está «desencantado» con esta experiencia, y aunque lo hubieran propuesto «non me apetece nin ir na lista». Pero esto, desde su punto de vista, no debería ser óbice para que la agrupación local o la cúpula del partido «me dixeran que non contaban conmigo, Foron eles os que me chamaron, deberíanmo ter dito», cree.

DIARIO DE AROUSA, 27/01/11

O asociacionismo feminino leva a Valga o Día Internacional de Muller Rural.

Valga acolleu unha xornada onde se presentaron proxectos empresariais e de iniciativa social desenvolvidos no rural

A consolidación do protagonismo das mulleres rurais na política, no asociacionismo, no emprego, na creación de empresas, na agricultura e na gandería, é un proceso imparable e sen retorno que está a «transformar o rural», defendeu a secretaria xeral da Igualdade, Marta González, na conmemoración do Día Internacional da Muller Rural, que este ano ten como lema «O teu labor sostén o rural galego». Foi no auditorio de Valga, onde este ano se centraron as celebracións da Xunta de Galicia, e nas que participaron un bo número de representantes do asociacionismo feminino rural galego.
A xornada incluiu dúas mesas redondas nas que participaron emprendedoras do rural e representantes de asociacións e institucións.
Marta González explicou que dende o goberno galego se favorece o xurdimento e desenvolvemento de novos proxectos no rural dunha maneira integral, promovendo as axudas para o impulso do autoemprego e para a creación de pequenas empresas, negocios ou formas asociativas que permitan o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que podan converterse en proxectos de futuro.
Ademais, dixo, dende a Secretaría xeral da Igualdade «apoiamos a formación das emprendedoras e das mulleres do medio rural en xeral, en temas como as tecnoloxías da comunicación e da información, a calidade, a protección do medio ambiente ou a través do asesoramento xurídico e financeiro para a posta en marcha destes proxectos».
De feito, durante os actos de hoxe as mulleres puideron coñecer parte deses proxectos que un día foron presentados de xeito teórico á area de igualdade da Xunta de Galicia e que hoxe «son ilusionantes realidades», como a Queixería Varela, a Granxa Maruxa; a Licoreira Os Maios, os programas de acompañamento a mulleres soas e de dinamización do rural da Federación de Mulleres Anaral da comarca de Navea-Bibei ou as Mulleres con Proxecto das Escolas Familiares Agrarias.
González reiterou o apio da Xunta ás emprendedoras que «propoñen novos retos» e se moven para eliminar barreiras entre xéneros e avanzar na igualdade de oportunidades.

FARO DE VIGO, 16/10/10

Mellor sen AVE.

Columna «Vento Fresco» por MANUEL MIRAGAIA DOLDÁN.
DIARIO DE AROUSA, 04/09/10

De entre os medios de transporte o que sempre estivo menos desenvolvido na Galiza foi o ferroviario. E isto é unha verdadeira mágoa, pois o tren é o mellor de todos eles, por economía, comodidade e ecoloxía. Co seu uso diminuirían de xeito significativo os engarrafamentos das cidades, reduciríanse os niveis de contaminación e os accidentes de tráfico. As sociedades máis avanzadas do Ocidente dispoñen desde hai décadas de extensas e ben trazadas redes de camiños de ferro e de comboios modernos, non só para o transporte de viaxeiros, senón tamén de mercadorías.
Os galegos padecimos a falta de vontade dos gobernos do Estado para contarmos cun ferrocarril en condicións. Mantivéronos sen a dobre vía, con camiños de ferro con curvas sinuosas, con ausencia de electrificación, sen trens de proximidade nas zonas urbanas, carentes das necesarias frecuencias e de máquinas eficientes. Todo o anterior impediunos dispor duns servizos ferroviarios decentes.

Os intereses das grandes construtoras de obras públicas e das compañías eléctricas explican en boa medida a extraordinaria expansión da alta velocidade na Península. As cuantiosas adxudicacións poden servir para financiar as actividades dos partidos políticos gobernantes. E como cómpre que as irredentas cidades de Vigo e da Coruña estean moi unidas coa capital do Estado, vainos chegar tamén o AVE. Aínda que polo visto non chegará a iso, pois só será un tren de velocidade alta, non un tren de alta velocidade, xa que non superará os 200 km/h.

Ningunha das grandes organizacións políticas da Galiza cuestionan esta obra faraónica. Malia estarmos en plena crise económica e seguirmos carecendo de servizos públicos básicos, como xardíns de infancia, camas hospitalarias, residencias para a Terceira Idade e axudas aos dependentes, o Estado vai gastar a fortuna de 8.720 millóns de euros, para que logo, cuase seguro, explote as liñas creadas unha compañía privada que buscará o máximo beneficio, como pasa coa Autoestrada do Atlántico. Mellor sería empregaren estes recursos nos servizos sociais dos que aínda somos moi deficitarios e, por mor diso, xerar moito emprego, ou en apoiar ás iniciativas dos emprendedores que desenvolvesen unha economía social ou a creación de tecnoloxía substentábel.

E non falemos do enorme impacto ambiental que terá, ao destruír a paisaxe cos seus viadutos e túneles, separando definitivamente partes da mesma zona e aumentando seis veces o consumo enerxético con relación a un tren convencional. Máis de cincuenta estacións serán suprimidas. E ao construíren os novos camiños de ferro sobre tramos dos antigos imposibilitarase a continuídade do tren entre as vilas de tamaño medio, desequilibrando aínda máis as zonas urbanas das rurais, e a implantación de liñas de proximidade nas áreas metropolitanas.

Coa mellora do tren que xa tíñamos e o uso da tecnoloxía pendular alcanzaríase a suficiente velocidade para contarmos cun medio de transporte eficaz entre as nosas cidades e vilas. Alén diso, sería substentábel e poderíanse dedicar neste período de vacas fracas eses inxentes recursos públicos a outras iniciativas de maior rendibilidade social.