Las asociaciones de Padrón no recibieron las ayudas del Ayuntamiento.

Ante el malestar detectado, el concejal de Cultura dice que se debió a un problema «alleo» a su gestión

Ante el malestar público detectado entre las asociaciones culturales, vecinales y de fiestas del municipio de Padrón, debido a que no cobraron las subvenciones del Concello correspondientes al año 2009, el teniente de alcalde y concejal padronés de Cultura, Eloy Rodríguez, aseguró ayer que la no satisfacción de dichas ayudas es «un problema alleo a xestión da concellaría que presido».
En este sentido, el edil del gobierno padronés explica que cuando se elaboraron los presupuestos del Ayuntamiento para el año 2009 se le insistió en que las subvenciones que se le conceden a las distintas entidades «deberían facerse mediante un proceso legal, é dicir, a través dun sistema de concorrencia competitiva e non nominativas, como se estaba facendo ata esa data».
En vista de ello, añade Eloy Rodríguez, el Concello decidió establecer un sistema, arbitrando para ello una bolsa de 4.500 euros de modo que cada asociación debería «xustificar de forma conveniente o dereito a percepción da axuda, tal e como sinala a normativa». El concejal de Cultura asegura que en numerosas ocasiones «insistín na necesidade de redactar as bases, darlle publicidade e establecer prazos para que as distintas asociacións puidesen presentar as solicitudes e a documentación necesaria para optar as axudas».
No obstante, a principios de diciembre el concejal de Cultura fue informado de que «non había tempo material para cumprir o procedemento, achacando ao volume de traballo a aprobación tardía dos orzamentos». Eloy Rodríguez explica que las bases están redactadas en borrador pero que no fue posible tramitarlas «por un problema totalmente alleo a esta concellaría de Cultura», por lo que ayer expresó públicamente su «descontento persoal pola situación creada», al tiempo que dice que hará lo posible para que no se repita.

LA VOZ DE GALICIA, 21/01/10

Os socialistas cesureños, críticos co remate das obras feitas na vila

Rematou o ano 2009 e inauguráronse as obras do Plan E financiadas polo goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. As presas traen innumerables deficiencias, que nós, os socialistas de Pontecesures estamos obrigados a denunciar, para que sexan subsanadas para o desfrute dos cidadáns do noso concello.

Empezamos pola Prazuela, centro neurálxico da vila, que precisa a mellora da iluminación instalada, que ao noso parecer, é moi escasa é precisa de máis puntos de luz. Neste mismo lugar o paso de peóns que cruza a rúa ten un rebaixe, que en poucos días feito, provocou moitas caídas, por agora sin graves consecuencias, de persoas maiores. ? necesaria a mellora deste acceso a Prazuela para non lamentar accidentes de peores consecuencias. Como xa se denunciamos noutras ocasións, sigue presente na Prazuela un enchufe eléctrico ao alcance dos máis pequenos. Pedimos urxentemente a súa eliminación ou tomar as medidas necesarias para que deixe de ser un perigo. Bótase en falta mobiliario urbano, presente anteriomente, como son papeleiras e xardineiras, tan necesarias e que aumentan a beleza do entorno.

O novo asfaltado das rúas considerámolo deficiente, xa que se suceden os problemas de embolsamento de auga, non sempre achacables ás chuvias intensas como as que estamos a padecer nos últimos días. Estes acúmulos de augas provocan dificultades aos peatóns e perxuicios aos comercios do centro da vila. Ademáis, bótanse en falta máis aliviadeiros de augas pluviais.

Os veciños e veciñas de Pontecesures pregúntanse cando rematarán as obras das beirarrúas en curso. Exténdese a sensación de provisionalidade na execución das obras, alargándose no tempo e aumentando as molestias para os viandantes que deben sortear innumerables obstáculos e camiñar pola calzada.

Sabemos que as obras están rematadas e cumpliron os obxectivos do Plan E 2009; pero seguimos considerando que outras zonas do Concello precisan actuacións moito máis urxentes e necesarias que as xa realizadas. Entre elas podemos destacar:
– Alumeado e saneamento do Souto, Monte de Porto, Redondo, Grobas.
– Canalización do Telleiro e depuración das augas residuais alí verquidas ao río Ulla, precisamente no lugar onse se realizan as capturas das lampreas,
– Construción e mellora e beirarrúas e firmes en Carreiras, Redondo, San Xulián

Agardamos que o grupo de goberno municipal teña en conta estas propostas a hora de dispoñer de axudas de diferentes organismos oficiais, para mellorar a calidade de vida dos veciños destes lugares, que merecen a mesma consideración que os que viven no centro da vila.

Xavier Lama, primeiro gañador do premio Raimundo García «Borobó».

Premi B

O gañador do certame, Xavier Lama, recibe a Pluma de Ouro de mans de Alfonso Cabaleiro.

O xurado concedeulle a Pluma de Ouro pola súa «axeitada parábola» ·· Os outros dous galardóns para Francisco Castro e Mercedes Gualtería·· A Xunta concederá axudas á prensa para mante-la súa liberdade e pluralidade

Xavier Lama, Francisco Castro e Mercedes Gualteria Pintos resultaron gañadores do I Premio Raimundo García Domínguez Borobó, promovido pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) en colaboración coa Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

O escritor e periodista Xavier Lama levou a Pluma de Ouro polo seu artigo Borobó contra Wallace Souza, do que o xurado subliñou a axeitada «parábola» á que recorre para establecer unha comparación entre o xornalismo que viviu Borobó e o actual. O autor salienta neste texto a deriva dos medios cara ao espectáculo e a busca da audiencia a calquera prezo.

O creador de Spam, (Galaxia, 2006), o escritor Francisco Castro, conseguiu o primeiro accésit e a Pluma de Prata por Borobó despedido, do que o xurado sinalou a «valentía coa que aborda o problema da independencia dos medios, fronte aos intereses do sistema, alertando sobre a perda de credibilidade e a prostitución do oficio».

O segundo accésit e a Pluma de Bronce foi para a autora de Pedras de Compostela, (Xerais, 2009), a escritora Mercedes Gualteria Pintos. O seu artigo, Carta do alén, foi escollido polo xurado debido á súa «entrañable recreación da vida compostelá», desde unha perspectiva que podería ter sido a do propio Borobó. O xurado, foi presidido por Benxamín Vázquez González.

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Barxas, comprometeu o apoio da Xunta, a través de Cultura e a Secretaría Xeral de Medios, aos proxectos «que poidan confluír en accións concretas e conxuntas cos medios de comunicación».

Na clausura, o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, subliñou a categoría de Borobó e apuntou que a Administración pública está fondamente preocupada pola situación da prensa actual. Neste sentido, adoptou o compromiso de que nesta lexislatura a Xunta fará unha regulación de axudas á prensa «con criterios obxectivos e rigorosos» e en aras a mante-la súa liberdade e pluralidade. Neste marco, Cabaleiro dixo que se levará ó Parlamento unha lei de reforma da RTVG e unha lei do audiovisual. Ademais, o secretario xeral de Medios tamén dixo que, segundo as previsións, o 3 de abril «toda Galicia terá TDT».

La claveMesa redonda sobre periodismo e opinión

·· Previamente á entrega celebrouse unha mesa coloquio na que debateron sobre periodismo de opinión o ex ministro, César Antonio Molina; os periodistas Xose Luis Barreiro, Magís Iglesias e Xavier Navaza, columnista de El CORREO GALLEGO. Moderou Rafael Cid.

EL CORREO GALLEGO, 25/10/09

Cores Tourís cita melloras no peirao de Pontecesures ao falar de investimentos dos orzamentos da Xunta.

A Consellería de Mar tamén amosa a súa implicación coa provincia de Pontevedra, con unha inversión global de 45 millóns dos que 4 millóns de euros destinaranse a axudas ao sector pesqueiro e a acuicultura. ??Tamén cabe destacar en relación con este departamento o investimento previsto por Portos para a nosa demarcación provincial, case un millón e medio de euros, para diversas obras de creación, ampliación e mellora relativas ás zonas portuarias de Pontecesures, Bueu, Aguete (Marín), A Illa, Combarro (Poio), Cambados, O Grove, Portonovo (Sanxenxo) e Vilanova de Arousa?, manifestou o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O Concello de Pontecesures recibe unha subvención para sufragar os danos do último temporal.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ven de comunicar ao Concello de Pontecesures, logo da solicitude tramitada por esta institución, a concesión dunha subvención de 1.416,17 euros, ao abeiro da Orde do 2 de febreiro de 2009 que regulou as axudas por danos provocados polo temporal en infraestruturas eléctricas de titularidade municipal.

Deste xeito, a administración autonómica concede unha subvención pola totalidade dos danos causados na noite do 23 de xaneiro de 2009. Houbo liñas e cadros danados na rúa Ullán, en Carreiras, na rúa Mimosas na pista do Regadio e outras. Incluso un eucalipto derrubou unha liña en Grobas ao caer por mor dos fortísimos ventos daquela noite. As reparacións xa foron realizadas no seu día e agora recibese con satisfacción a nova da concesión da subvención.

Entrevista sobre www.pontecesures.net

Dende hai uns anos temos en Pontecesures una páxina web que nos informa das novas máis importantes do noso concello. Decidimos entrevistar a un dos colaboradores asiduos desta páxina, L.A. Sabariz Rolán.

1. Cando se creou esta páxina web?
Eu creo que foi en novembro de 2005. Mäis ou menos.

2. Quen a creou e con que intención?
Creouna Antonio Cortés que está en Sevilla vivindo. Creouna para dinamizar un pouco as inquedanzas do concello.

3. Que tipo de información mostra a páxina?
El é o administrador, o responsable da páxina, pero voluntariamente a xente vai dando as entradas que lle parecen sobre as novidades do concello: educación, cultura, política, etc. Ademais hai algúns colaboradores. Inténtase facer unha chamada para que todo o mundo poida colaborar e dar novas. Moitas copianse da prensa, e doutras vaste enterando por aí, pola rúa.

4. Con que axudas económicas e humanas conta?
Descoñézoo. Eu creo qeu é unha iniciativa persoal dó de Antonio Cortés. Debe dar algunha cantidade polo servidor. Evidentemente non ten beneficios de ningún tipo, nin sequera ten usos publicitarios.

5. Pódese participar dende fóra algún artigo?
Si, si, naturalmente. Iso sí, haise que inscribir para poñer as entradas e o que queiras. Despois tes un código e podes participar.

6. Como fai para estar ao tanto do que sucede en Pontecesures?
Pola información diaria da prensa, cartas, anuncios nos taboleiros de actuacións e por xente da vila que me informa.

7. Lembra algunha anécdota curiosa relacionada con páxina?
Anécdotas mil, o que pasa é que esta páxina ten unha característica importante que é a participación anónima con cousas sarcásticas, pero non chegamos ao nivel de poñer denuncias porque sabes que cando hai xente anónima sempre pode haber algún tipo de persoas que insultan.

8. Recibiu algunha crítica por esta páxina?
Sí, naturalmente, sobre todo dos ámbitos políticos, porque ás veces din que é «a páxina de Sabariz» pero a páxina non é de Sabariz. Sabariz é un que escribe aí, pero pode escribir quen lle dea a gana, tanto como comentarista como dando entradas. Dicían que ía facer propaganda política, pero eu creo que est á lonxe da miña vontade facer aproveitamento político. A min gústame informar ao cidadán e máis nada. Eu estiven a piques de facer periodismo, fixen dereito ao final. ? un medio que me satisface, por iso o fago.

9. Na páxina web apareceron novas da delincuencia xuvenil en Cesures. Que opinión lle merece isto?
Eu creo que a delincuencia xuvenil, evidentemente, non lle gusta a ninguén. Este tipo de novas sempre son desagradables pero de nada vale tapar a realidade. Non é un problema que se dea en Pontecesures só, vívese en moitos sitios, e tampouco imos falar de que isto sexa un Bronx, non?. Tampouco digo que haxa aquí problemas tódolos días. Hai determinados feitos que se deberían corrixir, pero tampouco imos poñer unha alarma social por isto, eu creo que se dan e o importante é que a xente nova se decate de se pode divertir, pero sen facerlle dano de ningún tipo a ninguén.

Entrevista de Raquel Llerena Morales, Carmen Diz Fernández, Enrique Fernández Vázquez e Yago Baleirón Constantino. 4º ESO A
Revista «Voceiro do Pino Manso» do CPI Pontecesures