Excursión de «A Barcarola» a Ares, Mugardos e Ferrol.

A asociación de amas de casa «A Barcarola» organiza unha excursión a Ares, Mugardos e Ferrol para o domingo día 20 de xullo.
A saída será ás 8:00 da Plazuela e visitaranse museos e praias.
O menú do xantar é de paella, lacón asado, postre e bebidas e o prezo da excursión (inclúe desprazamento e comida) é de 24 � para as socias e 26 para as non socias. A asociación achega parte do custo da excursión, e a cantidade mínima de persoas para que esta se leve a cabo é de 30.

A Barcarola pechou o Ciclo de Teatro de Maio, ca obra «A herdanza do tío Pedro»

Este pasado Domingo 28 de Maio o grupo de teatro da Asociación «A Barcarola» representou a obra a «Herdanza do Tio Pedro». Este grupo de 10 actrices e actores cesureños dirixido por Fernando Rodríguez tiveron o apoio dunhas 200 persoas que se congregaron no Centro Social para ver esta obra da que quedaron satisfeitas e impresionadas ca súa representación, e ós que os representantes desta asociación queren agradecer a súa presencia.

A obra pechou o ciclo de teatro que houbo durante o mes de maio en Pontecesures organizado polo Concello e no que adicadou maio coma mes cultural.

A Barcarola anima a todas aquelas persoas ás que lle gustaría participar no seu grupo de teatro, a que se poñan en contacto con esta asociación para poder ter mais representacións teatrais ó longo do ano e darlle maior continuidade nos 12 meses.