Comida homenaxe a Milagros Souto Meniño.

Pola súa xubilación como empregada da farmacia de Baño, organizouse unha homenaxe á popular Milagros. Terá lugar o sábado día 9 de xuño ás 14,30 horas no restaurante Casa Emilio de Catoira.

Os tikets, ao prezo de 38 â?¬, poderanse adquirir nas oficinas de Caixanova de Valga, Cordeiro e Pontecesures.

Un agarimoso saúdo para Milagros que se significou sempre por estar ao servizo dos demáis.

Abre a Parafarmacia Centro Farma en Pontecesures.

Mañá día 21 abre ao público a Parafarmacia «Centro-Farma» que está situada no baixo do edificio da rúa San Lois nº 26 (onde estivo provisionalmente Caixanova cando reformou as súas instalacións actuais). O establecemento está rexentado pola cesureña María Dolores Castiñeiras Mondragón e está adicado a herboristería e a parafarmacia en xeral.

Nota da ANPA do CPI Pontecesures sobre cota, seguro e novas actividades.

EducacionMediante a presente, comunícase que a cota de afiliación á esta ANPA queda fixada para este curso 2006-2007 en 7 � por familia, mentres que o seguro escolar voluntario de accidentes queda fixado en 8 � por alumno/a. O ingreso debe efectuarse na conta 3623 de Caixanova-Pontecesures nun prazo que remata o 15 de decembro de 2006.
Tamén se comunica que van poñerse en marcha dúas novas actividades extraescolares que son as seguintes:

* AEROMODELISMO ( a partir dos 8 anos). Os mércores a partir das 17 horas nunha aula do colexio. A data de comezo é o mércores día 8 de novembro.

* INGL�S. Os venres a partir das 17 horas nunha aula do colexio. A data de comezo é o venres día 10 de novembro.

Tamén se informa que a actividade de GAITA cambia de día e hora e pasa a ser os venres a partir das 18,30 horas nunha aula do colexio comezando este novo horario o venres 10 de novembro.

Pontecesures, 2 de novembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente