Dictaminada favorablemente o expediente de modificación de créditos e o orzamento 2009.

Por tres votos a favor de Javier Quintá (PP), Luis Sabariz (non adscrito) e da alcaldesa, e unha abstención de Xosé Antonio Baliñas (BNG) foron dictaminados favorablemente estes asuntos na Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación, celebrada onte ás 16 horas na Casa do Concello.
Tanto o expediente de modificación de créditos ao orzamento prorrogado, como o orzamento 2009 van seren tratados no pleno ordinario do luns.

Convocada a Comisión de Contas de Pontecesures para tratar da ordenanza fiscal da taxa ás empresas de telefonía móbil.

Será o mércores, 11 de novembro, ás 16:00 horas. Ademáis da derrogación do texto da ordenanza aprobada provisionalmente en 2008 que non se chegou a aprobar definitivamente, tratarase da aprobación dun novo texto desta ordenanza reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras dos servizos de telefonía móbil e do acordo de imposición. O novo texto xurde da circular da FEGAMP, das sentenzas do Tribunal Supremo que lexitiman esta taxa e dos criterios do ORAL en canto á fixación das cotas aos suxeitos pasivos.
Por último, tratarase tamén da delegación no ORAL da inspección, liquidación e recadación de dita taxa.

O BNG de Pontecesures non comparece para comprobar as facturas das Festas do Carme 2009.

Con data 19/10/09 o BNG de Pontecesures, mediante escrito asinado pola concelleira e representante local nacionalista, Cecilia Tarela Barreiro, solicitou as facturas detalladas e as contas detalladas das Festas do Carme 2009.
Con data 20/10/09 envíóuselle a Cecilia Tarela un documento resumo cos ingresos e gastos e comunicóuselle que as facturas quedaban á súa disposición na Casa do Concello ata a súa consulta, os días 21, 22 e 23 de outubro, de 9 a 14 horas.
Para iso, preparouse polo personal un expediente con todas as facturas obtidas da contabilidade municipal e tamén cos apuntes bancarios dos ingresos.
Pois ben; transcorrido o prazo concedido non se presentou representante nacionalista algún para realizar a comprobación dos documentos soporte dos ingresos e dos gastos das festas. En consecuencia, os documentos pasan o arquivo.